Conversa categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Podo preguntar sobre a pertinencia desta categoría? Eu non lle vexo moito sentido, este tipo de categorías son dende o meu punto de vista inmanexables, poño un exemplo: se o fixeramos cos compositores italianos (tendo en conta os 70 anos dende a morte do compositor) teriamos dende Frescobaldi (por exemplo) ata case Mascagni, o que supón un número enorme de compositores sen conexión estilística algunha. Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 22:03 (UTC)[responder]

Eu descoñezo a idea orixinal, simplemente fíxena porque estaban as outras e non me pareceu mala idea :) O que penso que hai que facer para non liar a categoría é facer como en todas as outras, meter subcategorías. Aínda que non todos os compositores teñan conexión estilística iso non quita para que poidan estar todos nela, mira por exemplo Categoría:Personalidades da música de Italia, a súa conexión non é estilística, é xeográfica ou como queiras chamala. Neste caso igual, esa é unha das conexións, a outra é o paso ó DP da súa obra. Eu penso que é interesante manter estas categorías xa que así é máis doado decatarse de que contidos están dispoñibles no DP. Pero se a categorización non está clara de todo o que se pode facer é facer que a categoría sexa oculta e usala só para tarefas internas do proxecto. Saúdos, (este era eu onte que esquecín firmar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 09:40 (UTC))[responder]
Eu creo que sería mellor ocultala, pero como querades. Das categorías de compositores deixo un comentario na taberna. Un saúdo, Piquito (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 08:46 (UTC)[responder]