Conversa categoría:Anatomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Propoño unha reclasificación desta categoría para dividila en:

  • Aparato dixestivo
  • Aparato respiratorio
  • Aparato excretor
  • Aparato reprodutor
  • Sistema circulatorio
  • Sistema nervioso
  • Aparato locomotor
    • Esqueleto
    • Musculatura
    • Articulacións
  • Órganos dos sentidos
  • Sistema glandular

Quedan sen clasifica-la pel (e as estruturas cutáneas), que non sei onde meter.

E quedaría todo o relativo ó exterior do corpo (cara, abdome, costas, mans, pernas, dedos, etc.) que eu o englobaría nunha categoría chamada morfoloxía. Probablemente deba ir colgando tamén de Anatomía, pero non estou seguro.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 21 novembro 2008 (UTC)

  • A ver, dúbidas que se me ocorren: todo iso semella máis a subcategoría Anatomía humana dentro de Anatomía, xa que semella pensado para humanos. A pregunta é, nesas categorías caben os artigos sobre as anatomías doutros animais? Polo demais creo que ten xeito a categorización. Alberte Si, dígame? 20:00, 22 novembro 2008 (UTC)
    • Si, caben perfectamente as anatomías dos animais. Este esquema valería sen problema para a anatomía humana e animal, polo menos en case tódolos animais: prácticamente todos teñen un sistema nervioso, un aparato dixestivo, unha pel (ou estrutura equivalente), nervios e músculos; só o esqueleto é cousa exclusiva dos animais vertebrados: home e tantos outros, e quizais habería que diferenciar entre endoesqueleto (os ósos nos que todos pensamos) e o exoesqueleto (para falarmos da quitina dos insectos, da cuncha dos moluscos ou do cacho dos crustáceos). As ás dunha ave estarían a carón (na mesma categoría) cás pernas dun home ou os tentáculos dun polbo; as galadas dun peixe xunto ós bronquios dun mamífero. Agora que o dis, fasme pensar nos protozoos, por exemplo, nos que este criterio de "anatomía" é totalmente inaplicable. Non se me ocorren agora máis bichos, pero seguro que os haberá. Aínda así, non me parece científico diferenciar entre anatomía humana e anatomía animal.
    • Iso si, isto leva a puntualizar artigos que xa temos, sobre órganos e ósos, por exemplo, nos que o que se describe é o humano exclusivamente. Entre separar por especies (algo impensable) e distinguir seccións se hai diferenzas nas distintas especies, prefiro esta última solución. Quizais sería bo que na introdución de occipital, cerebro, corazón, por poñer só tres exemplos, se especificase que o que se describe é o órgano humano.
    • Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:27, 22 novembro 2008 (UTC)

Penso que deberiamos crear unha subcategoria para a Anatomia Humana dentro da cal introducir os artigos dos aparellos mencionados, pero haberia que engadir o sistema inmune. E ademais, dentro de sistema nervioso eu falaria por separado do central e periferico. Outra idea miña é a de facer unha lista das articulacions humanas. Pódoa facer eu e mais tarde xa veremos onde a situamos. Cando estea lista, mencionareino aquí Silverfox(conversa)

Iniciar uma discussão sobre Categoría:Anatomía

Iniciar uma discussão