Conversa categoría:Adestradores de baloncesto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Explicación da estrutura da categoría[editar a fonte]

A partir do traballo inmenso que xa foi feito de categorización, nalgunhas áreas con moito detalle, identifico cinco criterios iniciais de clasificación:

  • por países: Serbia, Estados Unidos, España...
  • por equipo: Obradoiro, CSSK, Treviso...
  • por liga: NBA, ACB, Liga Feminina...
  • polo seu papel como seleccionadores/as nacionais: seleccionador de Serbia, seleccionador de Galicia
  • polo seu papel principal ou asistente: adestrador asistente (aquí só hai un elemento posible).

Agora (decembro de 2018) temos moitas categorías de criterios cruzados, é dicir, por país e por equipo, por equipo e por seleccionador, etc. Iso leva a clasificacións en bucle. A miña idea é, de partida, evitar as clasificacións que mesturan criterios, pero a medida que vaia avanzando na revisión e atope os problemas, anotarei os meus comentarios. O meu traballo consistirá inicialmente en sistematizar as categorías (que todos os elementos pertenzan a unha categoría de cada criterio, agás o quinto). --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de decembro de 2018 ás 13:55 (UTC)[responder]

  1. retirei todos os adestradores que non tiñan subcategoría, empezando por asignalos dentro da subcategorización por país. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de decembro de 2018 ás 14:28 (UTC)[responder]