Conversa Wikipedia:Wikiproxecto mulleres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivos

Cambios importantes no cómputo das estatísticas[editar a fonte]

Como se pode ver nos arquivos da conversa, nÓs utilizabamos as estatísticas WHGI , Wikidata Human Gender Indicators na táboa do proxecto. E diferían cos de Denelezh. Vexo tamén que non se actualizaron os datos de avaliación na nosa páxina en varios meses. Unha razón é que en marzo lanzouse o proxecto Humaniki, que fai unha fusión desas dúas fontes de información. Humaniki está baseado enteiramente en Wikidata, polo que é importante que as persoas biografiadas teñan creado un Q de persoa en Wikidata e teñan asignado a propiedade P21 en Wikidata (tema interesante porque eu xa cansei de tirar tardes poñendo esta P21 a Qs ata chegar ao 100% das biografías en gl.)

Saúdos.-- (conversa) 7 de setembro de 2021 ás 19:21 (UTC)[responder]

Grazas Maria zaos. Hai algunha forma sinxela de atopar as biografías de gl que non teñen a propiedade P21? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 08:09 (UTC)[responder]
Velaí vai un petisco. Segundo isto hoxe son só 70: https://w.wiki/42v3 Para ter a man as ligazóns wiki e wikidateiras usade: https://w.wiki/42up .--Maria zaos (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 16:41 (UTC)[responder]
Grazas Maria zaos, eu amañei uns poucos e hoxe xa non queda ningún, pero supoño que pouco a pouco aparecerán máis. Haberá que revisar isto cada certo tempo, estaría ben facelo unha vez ó mes, eu tentarei encargarme, polo menos nunha tempada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2021 ás 08:45 (UTC)[responder]

Perspectivas[editar a fonte]

Boas, Penso que sería bo pensar nas prioridades deste Wikiproxecto. Onte vin que na portada a sección efemérides estaba totalmente descompensada e pensei se esa podería ser unha prioridade deste Wikiproxecto sen necesidade de crear un Wikiproxecto específico como o que hai na Wikipedia en ES https://es.wikipedia.org/wiki/Wikiproyecto:Mujeres_en_Portada ou se a prioridade é chegar a ese 20 por cento de biografías que non damos acadado ou se mellorar en rede os artigos cun nesgo de xénero creando unha etiqueta que leve a unha páxina como se fai coa ortografía (gramática...) para traballar en rede. Vin que na Wikipedia en catalán teñen unha https://ca.wikipedia.org/wiki/Categoria:Articles_amb_biaix_de_g%C3%A8nere Eu estou con moi pouca posibilidade de apoiar a Wikipedia, por iso penso que me conviría aínda máis vogar nun mesmo sentido convosco o pouco que poida achegar. Un saúdo e bo ano. Lles (conversa) 9 de xaneiro de 2023 ás 20:21 (UTC)[responder]

Ola @Lles! Hai tempo que quero participar dun xeito máis constante neste wikiproxecto e paréceme boa idea o de pensar nas prioridades. Aínda que a edición sexa cousa solitaria, persoalmente prefiro traballar en equipo ou ter algo de coordinación e intercambio de opinións, como adoitamos facer en https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Encuentros/Cuarto_Propio_en_WikipediaQue vos parece facer unha pequena xuntanza virtual e falamos? Saúdos. Moniquiña (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 18:33 (UTC)[responder]
Boas, @Moniquiña, por min estupendo, envíoche unha mensaxe ao teu correo por se queres organizar esa xuntanza. Saúdos, Lles (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 19:22 (UTC)[responder]
Ola @Lles, parece que non houbo moita resposta ata agora... Entendo que non será doado dispor de tempo e coincidir para poder falar. Vou seguir dalgún xeito coas propostas que están contidas neste wikiproxecto e noutros semellantes recollidos por aquí. Falamos. Moniquiña (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 12:23 (UTC)[responder]
Moi boas e feliz ano 2024! Engado outra idea se tamén editades noutras linguas. Eu vou ir revisando artigos de mulleres galegas en galego que non están en castelán para traducilos e tamén vou contactar con outras editoras en éuscaro, catalá, etc para ver se podemos intercambiar artigos de interese nas súas linguas e facer a mesma tarefa. Seguimos. Moniquiña (conversa) 4 de xaneiro de 2024 ás 19:57 (UTC)[responder]