Conversa Wikipedia:Wikiproxecto galegas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Borrado de liñas[editar a fonte]

Creo que sería mellor que non se borraran da lista os artigos que xa están feitos porque así podemos consultar aquí as listas completas, iso pode servir para outras tarefas como comprobar que están completas, atopar relacións entre elas para detectar outros artigos que poidan faltar, etc. A función de borralos para que xa non os haxa que facer non é necesaria porque ó aparecer a ligazón en azul isto xa se sabe. Se non vos parece mal restaurarei os artigos que xa están para que estas listas non desaparezan e quitarei o texto de "e sen artigo na Galipedia". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 03:57 (UTC)[responder]

Aínda non dixéchedes nada sobre isto e eu xa me esquecera, ti que dis HombreDHojalata? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2016 ás 12:42 (UTC)[responder]
Paréceme ben. --. HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2016 ás 13:00 (UTC)[responder]
A min tamén. Adiante. --Chairego apc (conversa) 13 de outubro de 2016 ás 13:01 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2016 ás 00:11 (UTC)[responder]

Propoño pór nun lugar visíbel a lista https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Lista_de_mulleres_de_Galicia_con_artigo_na_Wikipedia_en_galego

Por exemplo:

Obxectivo

Crear e mellorar artigos relativos a mulleres de Galicia.

As mulleres galegas que teñen artigo na Wikipedia ata agora son https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Lista_de_mulleres_de_Galicia_con_artigo_na_Wikipedia_en_galego . Lles (conversa) 26 de abril de 2018 ás 08:03 (UTC)[responder]

Feito! Feito! [1] --. HombreDHojalata.conversa 26 de abril de 2018 ás 11:36 (UTC)[responder]

Non sei como se podería resolver o problema de que esa listaxe non inclúe aquelas galegas que naceron fóra do territorio galego, mais que están consideradas como galegas, cun país con tanta emigración será o caso de moitas. Decateime ao facer unha entrada para Belém Tajes. Lles (conversa) 8 de maio de 2018 ás 10:46 (UTC)[responder]

O Wikiproxecto galegas non é exclusionista, senón que é inclusionista. En cadansúa sección poden ir perfectamente (e de feito xa van) galegas nadas fora de Galicia, segundo as inclúa a fonte externa á que corresponde cada unha das seccións (para as non incluídas por esas fontes externas está a sección: "#Outras galegas").
No tocante á páxina Lista de mulleres de Galicia con artigo na Wikipedia en galego: poden incluírse na sección: #Outras galegas nadas fóra de Galicia, fóra da área de traballo do bot. --. HombreDHojalata.conversa 8 de maio de 2018 ás 14:38 (UTC)[responder]

Artistas[editar a fonte]

Na exposición Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975 [2] hai obra de Elena Colmeiro, Carmen Corredoyra, María Antonia Dans, Lolita Díaz Baliño, Elena Fernández-Gago, Mº Victoria de la Fuente, Gloria de Llano, Rosina Llamas Fole, Fina Mantiñán, Julia Minguillón, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal e Concha Vázquez. Non teñen páxina na Galipedia Gloria de Llano, Rosina Llamas Fole, Fina Mantiñán, Beatriz Rey e Concha Vázquez. Vin que hai a páxina [3]. Lles (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 08:11 (UTC)[responder]