Saltar ao contido

Belém Tajes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelém Tajes
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPerillo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata


Belém Tajes, (pronunciado /beˈlɛŋ taˈʃɛs/)[1], nada en Buenos Aires en 1985[2], é cantante, compositora e especialista en musicoterapia.[2] Converteuse en vocalista de Luar na Lubre no ano 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu en Arou (Camariñas) e vive en Perillo (Oleiros). Estudou no Conservatorio da Coruña e Carballo e en escolas de música de Santiago de Compostela e A Coruña.[2] Foi alumna de Ángeles Dorrio e Carmen Rey. Con base na música tradicional tamén ten formación en jazz, soul e rock.[3]

Traballou en Irlanda na recolleita dun cancioneiro vinculado ao mar[4] dentro do proxecto Tosta Cultural Cargo.[2] Creadora do proxecto VooDoo gañador dun premio Martín Códax da música e participou en Sisters in the House.[2]

En 2023 publicou o sinxelo Arou'79, preludio do seu novo disco que chegará en abril de 2024.[5]

  1. Queremos Galego (ed.). "Belem Tajes, música". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Sermos Galiza (ed.). "Belém Tajes, nova voz de Luar na Lubre". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  3. Portabales, Pablo. "Los aires camariñáns de Belem Tajes renuevan la voz de Luar na Lubre". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  4. F., X. La Voz de Galicia, ed. "Belem Tajes, nova vocalista de Luar na Lubre". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  5. ""Arou 79" a viaxe musical de Belém Tajes - Adiante Galicia". 2023-12-22. Consultado o 2024-01-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]