Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Informática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A organización da categoría de Informática, pendente a categoría Vídeoxogos, foi aprobada o 14 de febreiro de 2005. Antes de continuar, por favor lea o debate e conclusións para comprender as decisións que se tomaron e os razoamentos que levaron a elas. É posíbel que algunha dúbida que teña agora mesmo fose tratada xa nese momento.

(OLLO: IR Á SEGUINTE SECCIÓN DE RECAPITULACIÓN PARA ENGADIR COMMS) parto do existente para engadir propostas[editar a fonte]

Proposta (non finalizada, podedes contribuír) baseada na estrutura da wikipt, wiki.es, wiki.en e, ademais, no sentido común


proposto por --Quatrinauta 22:33, 27 setembro 2007 (UTC)

  • Creo que completa bastante á anterior. Por min adiante con ela. AlberteSi, digame? 22:35, 27 setembro 2007 (UTC)

Ollo: fixen cambios e aínda vou (hai que) facer mais.--QuatriNauta 08:17, 30 setembro 2007 (UTC)

  • Suxestións de tradución:
    • Linguaxes de markup: "Linguaxes de etiquetaxe" (ver documento externo ao final de HTML; en portugués é de marcação).
    • Linguaxes de query: "Linguaxes de procura".
    • Linguaxes de transformacións, "Linguaxes de transformación". --Xosé (✉) 09:16, 30 setembro 2007 (UTC)

Bon!, alegrome de que isto se empece a animar con mais participación:

    • Linguaxes de transformacións -> "Linguaxes de transformación": OK, de acordo

para gañar tempo (evitar demasiado talk): cámbioo xa, e idem con "Linguaxes de especificacións" ->"Linguaxes de especificación" e con "Linguaxes de templates" -> "Linguaxes de template".

  • Linguaxes de markup-> "Linguaxes de etiquetaxe" :

inspiración noutras wikis: pt:"Linguagens de marcação", ct:"Llenguatges de marcatge", it:"Linguaggi di markup", es:"lenguajes de descripción", fr:"Langage balisé",

na miña opinion, concordo en procurar unha palabra galega, pero prefiro escoller marcaxe ou marcación. razóns:1) + doado de relacionar co indefectible "markup" que aparece por todas partes (estamos rodeados tecniccamente polo inglés). 2)Etiquetado non aparece no VOLG.
Entre "marcación" (solucion pt) e "marcaxe" (solucion ct), prefiro "marcaxe", "marcación" ten outros significados que poden levar a malas interpretacións, pero non o teño claro.
    • "Etiquetaxe" si existe no VOLG; é moi descritivo, xa que o que se fai é colocar "etiquetas" (en SGML tipicamente entre <>), ademais de non cair na incongruencia da wikipedia en español, que o traduce como "marcado" ou "marcación" pero logo fala sempre de "etiquetas". --Xosé (✉) 11:17, 30 setembro 2007 (UTC)
      • perdoa, tes razón, estaba pensando en "etiquetado". O de "etiqueta" na wikipedia en español supoño que ven polo "tag" ou "tagging" en ingés, que é o que utilizan aínda que logo lle chamen "markup language". Eu prefiro "marcaxe", pois achégase máis (e por tanto coido esmorecerá menos fronte ao "ataque" do inglés), pero é discutible, obviamente.--QuatriNauta 11:45, 30 setembro 2007 (UTC)
    • Linguaxes de query -> "Linguaxes de procura". Concordo na galeguización e, aínda que "procura" ten sentido, paréceme máis específico "pregunta" , ademais "procura" pode parecer relacionado con "buscadores" web.

wiki-inspiración: fr:"langage de requête", es:"Lenguajes de consulta", it:Linguaggi di interrogazione

      • Eu talvez prefiro "consulta". --Xosé (✉) 11:17, 30 setembro 2007 (UTC)
        • "consulta" paréceme igual de ben tamén, no problem.--QuatriNauta 11:45, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Gústame a proposta: Só unhas preguntas: Porque Enxeñería de Software e só Hardware? e tamén Software (non debería colgar desta?)
    • Tes moita razón, a min ocurriuseme algo parecido con Software: Software pode indicar "programas" (que parece ser a idea da categoría) ou "programación" (aí entraría o que dis ti de p.ex. Enxeñería de Software, etc), é xenérico e ambiguo, pero deixeino pois existe na maioría das wikis.
    • Pensei en, mantendo o espírito da categoría (e polo tanto non habería que facer os cambios que indicas), propoñer renomealo "Software"->"Programas e librerías software" , pero ... ¿cómo se cambian todos os artigos que xa conteñen a categoría "Software"??
    • En resumo: o ideal paréceme renomear a categoría a "Software"->"Programas e librerías software", se algén sabe a técnica para cambiar os artigos que xa teñen tal categoría.
    • --QuatriNauta 12:05, 30 setembro 2007 (UTC)
  • E outra Códecs, Almacenamento de datos... non deberían colgar de Software ou Enxeñería de Software (eu prefiro a primeira por ser máis simple e homoxeneizar con Hardware.
    • a pregunta de códecs e almacenamento: reestruturo arriba propoñendo Almacenamento de datos = {..., "formatos binarios" = { codecs de audio, codecs de video), de momento xa o cambio ¿parecevos ben?--QuatriNauta 12:05, 30 setembro 2007 (UTC)

Son só preguntas xa que non controlo moito do tema. Lansbricae (Ti dirás) 10:58, 30 setembro 2007 (UTC)

(Lansbricae, segue coas preguntas, aínda que non sexas experto, talvez mellor aínda: iso engade un punto de vista de "lector" que é o importante. Isto é o bon de facelo en equipo: obriga a facelo ben e non deixar cabos soltos como ficarían senón) --QuatriNauta 11:36, 30 setembro 2007 (UTC)

    • ben, así temos unha referencia. Entendo que non debe ser como a biblia: por exemplo: template tradúceo por unha palabra moi xeneral: modelo, e non é o mesmo "linguaxes de template" que "linguaxes de modelo".--QuatriNauta 12:29, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Eu poría Sistemas de conexión de dispositivos en hardware; Sistemas de ficheiros en... software?; Subdividiría software en sistemas operativos, aplicacións, utilidades, software libre e videoxogos (ou dentro de aplicacións) e metería aquí tamén linguaxes informáticas --Xosé (✉) 13:52, 1 outubro 2007 (UTC)
    • CONCORDO conSistemas de conexión de dispositivos en hardware
    • Sistemas de ficheiros mellor como subcat de "Almacenamento de datos". "Formato de ficheiros" como subcat ambos de Formatos e estándares de software e de "sistemas de ficheiros"
    • CONCORDO con Subdividirsoftware en sistemas operativos, aplicacións, utilidades
      • OK tamén á subcat software libre PERO OLLO: é 'transversal'=>calquer artigo dunha subcat de SW pode pertencer a SW libre
    • CONCORDO con videoxogos dentro de aplicacións
    • linguaxes informáticas: non sempre son SW: por exemplo as "linguaxes de especificacion" => coido mellor deixala como está.
    • --QuatriNauta 18:55, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Nota: a cat Buscadores (non aprobada pero existente) non me queda claro se debe estar a este nivel ou poñerse debaixo de Internet (é verdade que un buscador estilo Google pode ser tamén local ao ordenador, pero é un caso residual) ¿que opinades?--QuatriNauta 20:34, 1 outubro 2007 (UTC)

PENDENTES

en wiki:es é subcat das seguintes: Ciencias de la información | Epistemología | Semiótica
en wiki:pt é subcat das seguintes: Biblioteconomia e Ciência da Informação | Ontologia
    • Eu concordo que non debe ser subcat de informatica, pero ¿de cal propoñedes??--QuatriNauta 20:58, 1 outubro 2007 (UTC)


  • Blogueiros :xa existía de facto como subcat de weblogs. Ten 2 artigos, pero paréceme perigosa: con que criterio escoller entre decenas de millóns de blogueiros?. Talvez borrala, así como os artigos que colgan dela?--4nauta 21:59, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Semella boa alternativa. Lansbricae (Ti dirás) 22:47, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Ufff, é difícil atopar algo por aquí. Creo que non se debe borrar a categoría blogueiro porque:
    • é un tipo concreto de personalidade pública, en paralelo aos presentadores de televisión ou aos xornalistas de prensa. É dicir, son xornalistas, e teñen unha relevancia.
    • hai persoas importantes, realmente importantes, que o son pola súa calidade de blogueiros. Se non discutimos que Perez Hilton sexa unha persoa relevante, en que categoría a metemos, senón en blogueiros?
    • o argumento de que hai milleiros de blogueiros é sinxelo de rebater: tamén hai milleiros de futbolistas federados, e só hai artigos pra algúns. E tamén hai milleiros de xornalistas, e só algúns teñen artigo de seu.

--Xabier Cid 01:06, 4 outubro 2007 (UTC)

  • Con todo, insistiría en borrar a categoría blogueiros. O argumento de que tamén haxa milleiros de futbolistas non me parece rebatidor: para os futbolistas hai uns criterios obxectivos medíbeis da importancia: premios, liga na que xogan (os de primeira division por exemplo semellan relevantes). Para os blogueiros non existen criterios tan claros, ademais hai outra diferencia en canto a cantidade: hai millóns e millóns de blogueiros, e corremos o risco de que sexan incluídos só aqueles que lle interesa ao editor para espallar unha ideoloxía (política, social, relixiosa, etc), uns intereses comerciais, amistades, familiares, etc. etc.
    • Ademais, quizás tamén relacionado coa pouca importancia da categoría é o feito de que só haxa 2 blogueiros creados: Perez Hilton e María Yáñez. Para min, ningún deles semella importante, aínda consciente de que non significa nada a miña opinión. De todas formas, non o considero un tema fundamental o borralos ou non, pero si o de ter un criterio claro, tanto para a creación de categorías (¿é necesario facer unha proposta ou pódense crear directamente?) como incluso para a inclusión de artigos--QuatriNauta 10:15, 2 decembro 2007 (UTC)

recapitulando[editar a fonte]

  • usamos como guía para traducións ligazón a este glosario inglés-galego. Excepción (propoño, hai que confirmar): "linguaxes de template", xa que "linguaxes de modelo" non reflexa claramente isto e é confusa con "linguaxes de modelado"

PROPOSTA DE ÁRBORE de cats de informática:

PROPOSTA ANEXA1: a quitar fóra de informática:


PROPOSTA ANEXA2: a BORRAR como subcategoría:

    • Blogueiros : PENDENTE DE DECISION, CONSULTAREI CON O(S) AUTORE(S) da categoría. Existía de facto como subcat de weblogs. Ten 2 artigos, pero paréceme perigosa: con que criterio escoller entre decenas de millóns de blogueiros?. Talvez borrala, así como os artigos que colgan dela?


(engadido + tarde) PROPOSTA ANEXA3: a cat "Software" debe entenderse non nun senso xeral senón no senso de "Programas e librerías software". Nun futuro poderíase cambiar se houber forma de facelo automáticamente o renomeado.

Espero que non me equivocara ao recapitular, a ver que vos parece todo o anterior.--4nauta 20:24, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo con todo: coa disposición das categorías, as propostas anexas, a excepción do glosario no caso linguaxe de template. Felicitación 4nauta polo gran labor que fixeches. AlberteSi, digame? 20:32, 2 outubro 2007 (UTC)
  • Bo traballo. Só unha pregunta: ¿Por qué non se inclúen en Software as seguintes categorías?:
  1. Enxeñería Software (xa existía, non recollida)
        • Metodoloxía software (nova)
  1. Formatos e estándares de software (nova)
        • Formatos de ficheiros(baixo 1 nivel)
        • da categoria "formatos e estándares de software" tamen dependerían (ao mesmo tempo que xa están noutros sitios) "formatos binarios", "codecs", "compresion de datos", Formatos de serialización de datos


O de que linguaxes de informática non entre xa o entendín pero esta non inclusión non e eu sería en software onde buscaría e creo simplificaría a clasificación. Parabéns. Lansbricae (Ti dirás) 20:44, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Tes razón, esquecín poñer un comentario + un anexo 3 que engado agora, en base ao que comentaba mais arriba:"o ideal paréceme renomear a categoría a "Software"->"Programas e librerías software", se algén sabe a técnica para cambiar os artigos que xa teñen tal categoría."

A conclusion despois de que Banjo me informara de que as cats non se poden mover, foi de mantela como está pero indicando (dentro da páx da cat)que "Software" se refere exclusivamente a "Programas e librerías software", senón Software en xeral abranguería demasiado. Ben, é unha proposta, a madurar, soamente recapitulei para facilitarnos o traballo.--4nauta 20:54, 2 outubro 2007 (UTC)

  • PROPOSTA1 POST-RECAPITULACION: Esquecín a 2a parte dos comentarios de Lansbricae => "Formatos e estándares de software" propoño renomealo a "Formatos e estándares da informática", en consonancia co uso de "software" no sentido restrinxido.--4nauta 21:01, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Semella unha boa alternativa, só que creo que debes valorar a utilidade dese uso restrinxido de software. Eu as categorías véxoas como o sistema de ordenación de información e avía de procura temática. Se partes dunha árborre, informática, e colgando delas pos demasiadas ramas tes que ter en conta que che aparecerán en varias páxinas o que dificultara a procura por esta vía. Eu vexo as categorías como alternativas para facilitar a procura.

Por exemplo: Quero buscar un artigo sobre o photoshop. Entro na categoría informática e atópome con demasiadas categorías, onde busco? Se partise dunha árbore que vai aumentando as súas ramas progresivamente podería ter menos alternativas ao principio que me guiarían na miña procura: Ex. Internet non é, Hardware tampouco, Software si, entro nesta subcategoría e xa teño eliminada moitas categorías que non me van facilitar a procura.

Un exemplo do que ocorre cando hai moitas subcategorías nunha categoría telo en Category:Historia onde si te fixas só aparecen en pantalla as subcategorías ata as que comezan por H, para ver o resto tería que ver as 200 seguintes, e esto para un lector usuario non experimentado pode ser entendido como que non hai máis categorías.

Digo todo esto porque vexo que levas un bo e razoado traballo e sen pretender desanimarte ao contrario quero aportar outros puntos de vista sobre o tema como non lego na materia para axudar a pulir o choio. Parabéns de novo polo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 21:52, 3 outubro 2007 (UTC)

Software[editar a fonte]

Como dixo Jack o Destripador, vaiamos por partes. Eu non estou traballando nas categorías de informática nestes momentos (por moito que esta me interese), senon nas de música, pero como pasa con moitas categorías, unhas acaban encontrándose coas outras. E isto me pasou coa de informática, concretamente co Software.

Propoño para software a seguinte clasificación, que entra no que é a temática. Nótese que non afondo moito mais que no tema da música que é o que me interesa. Quizáis vos interese saber que tomei como referencia (se ben non ao pe da letra) a páxina de consumidores Ciao, cuxas categorías teñen como principal finalidade a utilidade para o lector. A cousa sería:

  • Software
    • Software de audio
      • Aplicacións de edición de audio
      • Aplicacións de reproducción de audio
      • Software libre de audio
    • Software de comunicacións
    • Sofware de imaxe
    • Software libre
      • Software libre de audio (excuso poñer os demais)
    • Software de oficina
    • Programación e desenrolo
    • Software de seguridade
    • Sistemas operativos
    • Software de vídeo
    • Videoxogos. Se alguén sabe o que é Hattrick, que plantee como engadir en "Videoxogos" as aplicacións para administrar os equipos, etc. Se ninguén o sabe, volo podo explicar eu. --GallaecioE logo? 12:31, 14 xuño 2009 (UTC) (escrito moito tempo antes de asinalo)

Propoño estrucutrar deste xeito a póla Software do sistema de categorías:

Gustaríame unha alternativa a Utilidades e a Software con todos os dereitos reservados, pero persolamente non se me ocorre nada. --GallaecioE logo? 12:34, 14 xuño 2009 (UTC)

A nova proposta para mín, que non sei de informatica e dises temas, vai mellor. Polo da alternativa a palabra utilidades para nomear a categoría, podoche decir, sin saber si axuda : en francés dise utilitaires (utilitarios), é esi que eu pido esas ferramentas cando necesito que me melloren algo nas computadoras no traballo. Só é un comentario de lectora, non te fiés moito ElviraConversa comigo 13:11, 14 xuño 2009 (UTC)