Conversa Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A alguén se lle ocorre como difundir o máis posible o proxecto?--Agremon(contacto) 18:47, 13 outubro 2006 (UTC)

Axuda esquemática[editar a fonte]

Ola, meus, fixen un páxina de usuario co meu nome, para que vexades unha axuda máis esquemática, axudade o crecemento desta e, despois poderemos importalo a Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula/Axuda Escolar agora, atopase eiquí. Saudos. Galiza por sempre e para sempre 19:26, 30 setembro 2008 (UTC)

Documentos a revisar[editar a fonte]

Acabo de atopar un par de documentos pero aínda non lles botei ningunha ollada, se alguén quere ir mirándoos para ver se son interesantes pode consultalos aquí e aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2015 ás 22:36 (UTC)[responder]

Novo apartado[editar a fonte]

Engadín un novo apartado de "Propostas de tarefas na aula" traducido e adaptado da wiki en castelán que achega algunhas ideas sinxelas para introducir ós rapaces na edición da Galipedia, aínda que poidan ser obvias penso que está ben que queden anotadas, e de ser posible, ampliadas para que os que accedan á páxina poidan ir collendo ideas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2016 ás 16:57 (UTC)[responder]

Wikipedia:Proxectos pedagóxicos[editar a fonte]

Algúns xa víchedes que se creou o Wikipedia:Proxectos pedagóxicos, outros ó mellor non e por iso vos aviso agora, é unha tradución do proxecto da wiki en francés que ten bastante boa pinta e que pode axudar bastante na introdución da Galipedia nas aulas. Agora o que facía falta era facer un apartado Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Profesores/Competencias curriculares, como eu non teño moitos coñecementos do tema estaría ben que os que tedes máis experiencia achegárades algunhas cousas aí, así que, a ver se vos animades Agremon, Xas ou Viascos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2016 ás 00:55 (UTC)[responder]

Revisei Wikipedia:Proxectos pedagóxicos e paréceme que esta quedando moi ben. Estou pendente de revisar a lexislación oficial sobre competencias curriculares para poder engadilas nos próximos días. Mirarei qué máis cousas se poden facer, pero de entrada penso que podería ser interesante que quede reflexado un listado de colaboradores do proxecto para facilitar o contacto á xente que quera traballar con rapaces. --Viascos (conversa) 4 de abril de 2016 ás 10:43 (UTC)[responder]

En canto pase a Feira da Ciencia, póñoo en axenda. Por certo, estades invitados a pasarvos por Ribadeo á XXII edición da Feira da Ciencia de Ribadeo. Saúdos, --Agremon(contacto) 5 de abril de 2016 ás 19:26 (UTC)[responder]

Unha pena non poder ir, ten unha pinta estupenda! Pasádeo xenial! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2016 ás 21:24 (UTC)[responder]
Sinto, pero a miña axenda non da máis, pero grazas polo aviso, no coñecía que tuvérades unha feira con tantas edicions, noraboa!!--Viascos (conversa) 10 de abril de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]

Saúde Elisardojm, Agremon e Xas. Comecei a redacción das competencias curriculares. Como veredes, comecei cun apartado explicando brevemente qué son as competencias básicas e a lexislación vixente (faltame engadir referencias a DOG, BOE e lexislación europea). Continúo cunha xustificación das vantaxes que presenta a Galipedia como ferramenta educativa, polo de agora deixoo só coa primeira competencia, a xeito de exemplo. Opinade, porque non sei se resulta moi liosos ou extenso de máis. En principio esta parte está enfocada a profesores ou ensinantes. --Viascos (conversa) 10 de abril de 2016 ás 12:07 (UTC)[responder]

Moitas grazas Viascos por comezar o choio :). Por outra banda, como comentou Procastino na súa páxina de conversa, eu penso que a sección "As competencias básicas na lexislación educativa" non é necesaria neste caso, a páxina está enfocada ós docentes e esa parte xa a coñecen abondo, polo que para eles é repetitiva. Eu penso que poderíamos eliminala, pero a ver o que comentades vós. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]
Coido que si é necesaria. Moita xente nos as coñece aínda.--Agremon(contacto) 11 de abril de 2016 ás 18:29 (UTC)[responder]
Na miña opinión, se esa páxina está dirixida a docentes, a xustificación e explicación das competencias na lexislación non é necesaria. En calquera caso, se vedes que é recomendable poñelas, se cadra colocalas ao final do artigo como aclaración e deixar ao principio a parte que as concreta? --Procastino (conversa) 11 de abril de 2016 ás 20:50 (UTC)[responder]
Pois penso que ainda que é verdade que pode ser prescindible a sección sobre lexislación, estou dacordo con Agremon en que a maioría dos docentes non estan suficientemente informados sobre o tema, comezando por min mesmo. É un asunto relativamente novo e co que non estamos familiarizados. En calqueira caso, penso que pode resultar útil por conter referencias á lexislación en vigor que rixe o tema. Como exemplo da utilidade, penso que pode axudar a un profesor que queira justificar o seu traballo coa Galipedia a nivel de programacións diante da inspección educativa ou do equipo directivo do centro. Se ao final decidides que é mellor quitala por min perfecto, o que ten que quedar, penso, é o mais lixeiro e sinxelo posible. En canto ás aportacións de Procastino (conversa) na miña opinión quedan perfectas. Saúde --Viascos (conversa) 11 de abril de 2016 ás 23:03 (UTC)[responder]

Remato de decatarme na páxina de orientación para profesores, da importancia do estilo. Continúase toda a páxina falando en plural, sen personalizar, como diante dunha audiencia, cando estimo que sería ventaxoso o facer aintervención persoalizada, pasando ó singular tras a presentación xeral. De igual xeito, o paso de 'vostede', 'seu' a ti', 'teu'. Que vos parece?--Agremon(contacto) 16 de abril de 2016 ás 16:54 (UTC)[responder]

de xeito parello ó anterior, coido que hai que considerar a linguaxe sen sesgos de sexo. Teño que dicir non teño moita 'vista' nesta materia, pero é algo que coido ineludible para non impor unha perspectiva de xénero.--Agremon(contacto) 16 de abril de 2016 ás 17:24 (UTC)[responder]

A min paréceme boa idea, así o texto achégase máis ós lectores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2016 ás 00:30 (UTC)[responder]