Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/As mulleres e o xénero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non teño clara a orde e as maiúsculas: Antiga Roma/Grecia, Roma/Grecia Antiga, Roma/Grecia antiga? Lles (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 08:16 (UTC)[responder]

Incluso habería a posibilidade de Mulleres da Roma Antiga de seguir a pauta da Wiki en PT. Lles (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 08:18 (UTC)[responder]

Pois non sei, como temos os artigos Roma antiga e Grecia antiga, hai que poñer estes artigos do mesmo xeito. Se se decide que o nome dos artigos de Roma antiga e Grecia antiga non son correctos, haberá que amañar isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 08:51 (UTC)[responder]

A muller ou as mulleres[editar a fonte]

Temos artigos titulados A muller en... sería máis correcto que se titulasen As mulleres en...? Estou coas mulleres na Idade Media e os artigos que atopei noutras Wikipedias veñen titulados en plural. Lles (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 16:40 (UTC)[responder]

Pois non sei, como mellor vexas, eu puxen "A muller" na maioría porque xa existían dous artigos titulados así, ó mellor había que cambiar os "As mulleres" por "A muller" :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 08:47 (UTC)[responder]

Teoría queer[editar a fonte]

Vin que hai un artigo pequeno que se chama Queer.Lles (conversa) 19 de novembro de 2018 ás 12:37 (UTC)[responder]

Lles, penso teoría queer refírese máis ben ó que hai en es:Teoría queer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]

Mulleres na literatura e "literatura feminina"[editar a fonte]

Estes son dous epígrafes da lista. Pido desculpas de antemán, porque igual é simplemente descoñecemento meu do contido que se espera incluír baixo "literatura feminina"...pero esta categoría seméllame algo insultante e en todo caso innecesaria, xa que debería quedar recollido (o que sexa)en mulleres na literatura. Sería como ter un "literatura de/para negros" "arquitectura gay" "estética xudea", "programas de televisión para amas de casa", etc. Por favor, se se mantén, engadide unha explicación que o xustifique. Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 14:25 (UTC)[responder]

Maria zaos, debeu ser un erro de tradución, quizais o máis acaído sería poñer "Escritoras", pero ese artigo non me ten moito senso, como ti dis, dese tema xa se falará no artigo de mulleres na literatura. Xa está eliminado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 23:56 (UTC)[responder]