Conversa Wikipedia:Votacións/Sinaturas dos usuarios

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que éste é un tema "menor", non é de primeira necesidade (polo menos agora mesmo), pero todo o que sexa ir definindo políticas é beneficioso. Máis adiante pode ser que faga falla algo así. Non a sometín antes a consenso porque creo que a maioría do seu contido é de sentido común, e non é unha política que inflúa excesivamente no funcionamento da Galipedia. De todas formas se calquera quere suxerir calquera modificación pódese facer algún amaño que outro (revisade sobre todo a redacción, que son moi dado a cometer erros :D). Só lle puxen 15 días de votación por estas razóns, é algo no que non creo que teñamos grandes diferencias e canto antes o quitemos do medio podemos adicarnos a outras cousas :) --Banjo tell me 19:14, 7 outubro 2007 (UTC)

  • Pois eu xa propoño unha modificación: Tódolos Os usuarios deben deberían asinar calquer comentario que fagan nas páxinas de discusión (non así nos artigos). A razón é obvia: se algo se prohibe e non se dispón dunha medida cohercitiva non ten sentido a prohibición. De ese deben desprenderíase "se non o fan serán... bloqueados" ou algo da mesma índole, e a cousa é que non se lle fai nada a quen non asina nen ninguén, por suposto, o plantexa. --Xosé (✉) 19:28, 7 outubro 2007 (UTC)
  • É certo. Non me parei a pensar en que puidese levar esa connotación implícita poñendoo así. Vou rectificalo, se a ninguén dos que votaron lles molesta. Grazas por tódalas correccións que fagades, sempre son ben recibidas :D --Banjo tell me 19:37, 7 outubro 2007 (UTC)

Comentarios de -- Sobreira (parlez) 19:14, 19 outubro 2007 (UTC)

  1. Creo que no primeiro apartado, debería estar obrigado a ligazón ou ben a usuario ou á discusión, porque para o caso é ó mesmo (de feito, é máis cómodo ó Talk)
  2. Paréceme moito regular o tamaño máximo de letra e imaxe: eu simplemente incluiría unha chamada ó sentidiño común
  3. Paréceme xa demasiado obrigar a escoller usuario=grande/discusión=diminuída. Aínda que hai que prever que a xente se desfase, faríao tamén como recomendación dentro da lóxica e a practicidade e, como no primeiro comentario, deixar a escolla á discreción do usuario
  4. non se poderían poñer discusións e ligazóns a outros proxectos (es.wiki, en.wiki, wikt, commons) onde certos usuarios poden estar máis localizables (p.ex. embaixadores)?
  5. Sobre o do tamaño da imaxe, refírese a? (alto, largo, horizonal, vertical)
  • Pareceme ben o de obrigar a ligazón ben á páxina do usuario, ben o seu talk, de feito quería poñer algo así pero a miña reducida capacidade de redacción traizooume :). O de limitar tamaño de letra e poñer o da discusión en pequeno púxeno porque é a norma que adoitan empregar tódolos usuarios ata agora, así que pareceume ben poñelo como unha norma oficial. As ligazóns a outros proxectos non me parece mal, como non hai nada implícito que o prohíba pois quedará ao parecer de cada un poñelo ou non. E por último o tamaño da imaxen creo que sí se debe limitar, non me parece nada convinte poñer unha imaxe de (por exemplo) 100px nunha firma, quedaría fatal e sería moi pouco práctico. O do tamaño refírese a imaxe en sí, dependendo da forma da imaxe pois será o largo ou ancho da mesma, como con calquera imaxe dos artigos, ao limitar o tamaño non se pode (que eu saiba) limitar as dimensións por separado, senón que se limita a imaxe sen máis. PD: Non te limites a sinalar os erros ortográficos que cometa, corríxemos! :D --Banjo tell me 20:31, 19 outubro 2007 (UTC)