Conversa Wikipedia:Votacións/Nomes en galego dos espazos de nomes en MediaWiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penso que atopei unha solución que nos permitirá seguir adiante: pedir a aprobación só dos espazos de nomes sobre os que hai acordo. Máis adiante (tal vez cando vexamos estes funcionando, talvez antes), poderemos retomar os que faltan. --Xosé (✉) 18:25, 7 outubro 2007 (UTC)

Quen non seguise o debate que precedeu a esta votación pódeo atopar aquí. --Xosé (✉) 18:30, 7 outubro 2007 (UTC)

Aproveito a ocasión para pedi-la creación do espazo de nomes Wikiproxecto. Este existe na Wikipedia en castelán, e penso que podería ser útil para non satura-lo espazo de nomes Wikipedia con páxinas non relativas a axuda e administración da Galipedia.FryantTralarí Tralará 23:34, 7 outubro 2007 (UTC)