Conversa Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Formato dos números[editar a fonte]

Na miña opinión habería que aproveitar para poñer a votación o formato dos números. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 14:41 (UTC)[responder]

@Prevert: Non estou seguro de a que te refires, o libro xa inclúe unha indicación para os números, non sei ata que punto é necesario engadir nada máis nesa cuestión. Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 15:38 (UTC)[responder]
@Banjo: Polo que lin na páxina de conversa non me pareceu que o debate pechara o asunto dun xeito tan claro e definitivo como se le no libro de estilo. (A non ser que haxa outros debates que non vin). Por outra banda, non quero complicar ningún proceso de votación, se ocorre iso retiro a proposta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 15:48 (UTC)[responder]
Esta é outra conversa/votación relacionada. Tanto pola do propio libro de estilo coma por esa entendo que unha maioría dos usuarios está/estivo de acordo en adoptar ese formato para os números. Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 16:58 (UTC)[responder]
Grazas pola ligazón. Non tiro a mesma conclusión. Estarei trabucado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de xaneiro de 2017 ás 17:53 (UTC)[responder]

¿Xustificación destes axustes?[editar a fonte]

Nego, parcialmente, a premisa maior. No cabezallo, Banjo di que busca a coherencia interna, entre os distintos artigos e iso paréceme un obxectivo máis que loable. Pero engade que esa suposta incoherencia (que cada quen escriba, máis ou menos, como quere) "pode chegar a dificultade da lectura dos mesmos" e supón que ó lector "pode resultarlle complicado atopar a información ou identificar seccións e contidos neles por mor de devanditas diferenzas". Non creo que iso sexa certo. Non creo que o uso das NOMIG dificulte a comprensión do artigo (e menos aínda se so se fai obrigatorio nos títulos, claro). A colocación doas referencias antes ou despois do punto é absolutamente irrelevante á hora de mellorar a comprensión do artigo. Indicar ou non o idioma dos textos da bibliografía ou poñer o nome do autor en versalitas... tampouco.

O obxectivo parece ser só esa coherencia interna e, so0bre todo, unha preferencia estética de facer as cousas dunha forma ou doutra. Estética, simplemente. A uns gústanos a fonte Arial e a outros Times, pero ningunha delas mellora ou dificulta a compresión do texto. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xaneiro de 2017 ás 18:59 (UTC)[responder]