Conversa Wikipedia:Traducir

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boh, esto é o de sempre, o non saber. E eu, quero saber. A miña pregunta é a seguinte: falta algún asrtigo na galipedia, que a min me gustara que existira. O creo, e topo noutra wiki un texto moi bo, que creo adecuado para telo aqui. O collo e o traduzo. Non ten porqué estar mal? Para que crear algo cando xa hai un traballo de investigación amplo feito que so é necesario traducir. Pos eso, despois deste razoamento a miña pregunta é: subo o texto no idioma extranxeiro e vouno traducindo, aínda que parte este nunha lingua que non é o galego (cousa que as normas non permiten) ou solo se sube o traducido?? --Shotokan

Póde-lo subir sen traducir, pero daquela terás que pór o marcador enuso entre {} para indicar que estás a traballar nel como neste artigo Gustave Caillebotte. Se tes algunha dúbida máis non dubides en preguntar--Hugo22 17:50, 4 xuño 2008 (UTC).

  • Como ben che di Hugo podes utilizar calquera sistema, así en sistema inmunitario que estou traducindo só poño o texto que teño traducido polo que non fai falta poñer o de entradución, mentres por exemplo en Cuarta Idade e posteriores púxose en inglés e foise traducindo e nese caso si hai que poñer o marcador de entradución ademais do de enuso. Calquera das dúas é boa e simplemente depende do que sexa máis cómodo para o que fai o artigo.--Arco de Rayne 17:56, 4 xuño 2008 (UTC)

O tema é que non o subín porque pensei que non s epodían poñer textos en linhua extranxeira. Pero se o subo... tampouco significa que o teña que traducir só, ou? É dicer, que calquera pode ir correxindo se quixer, non si? Shotokan

  • Claro que non, a Galipedia é un proxecto de colaboración entre usuarios. Aínda así deberías ter coidado con crear demasiados a partires doutros wikis, xa que moitos ao mellor quedan sen traducir, e iso tampouco convén--Hugo22 18:16, 4 xuño 2008 (UTC).
  • Outra cuestión que tes que ter en conta é que se se trata dunha tradución no campo resumo, baixo a caixa de edición, tes que indicar que é unha tradución e a procedencia (para cumprir coa licenza GFDL da Wikipedia). Por outra banda é bo comprobar a fiabilidade do artigo de orixe, botar unha ollada ao historial do artigo é moi ilustrativo. Por regra xeral (e só é un indicador xeral) se hai moitos IP ou usuarios en vermello é signo de que o artigo pode ter problemas. Tamén é unha boa medida comprobar polo menos o historial de edicións dun par de usuarios dos que máis contribucións teñan nese artigo para facerse unha idea da calidade do seu traballo. Por último non estaría de máis verificar algún dos datos incluídos nesa entrada. Estas son as comprobacións mínimas que podes facer e a súa extensión depende dos casos. Tes que ter en conta que aínda que un artigo estea publicado noutra Wikipedia non quere dicir que sexa bo, mesmo cando aparentemente poida parecelo, agás que te adiques a traducir artigos destacados ou de calidade nos que se supón que houbo un traballo de revisión en profundidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:13, 4 xuño 2008 (UTC)

os dous artigos que collin agora mesmo si me pareceron bos: ben referenciados e bastante traballados, e por iso os collín ademáis son extensos, pero sen moita palla. entón se os subo e lles poño o entradución e o enuso, xa ta???? e como poño eso de dicir que é unha copia doutro wiki? shotokan

  • Para poñelo só tes que escribir de onde vén o artigo no espazo en branco que hai baixo o cadro vermello, a continuación de onde pon "Resumo:" --Toliño Fala aquí comigo 19:12, 4 xuño 2008 (UTC)
    • O pos baixo o cadro vermello que pon "Os seus cambios serán..." que esta debaixo do campo onde se pon o escrito, e onde pon "Resumo: "--Hugo22 19:14, 4 xuño 2008 (UTC).

Máis cal é o texto para poñer? "Esto é unha tradución da wikipedia X" Ou é un código?? E perdoade que pregunte tanto, pero así evito meter a pata ^^Shotokan

    • Non te preocupes. Pon por exemplo: Se traduces o artigo Londres da wikipedia inglesa, pon traduzo de en:London. Se fose da wikipedia portuguesa pt:Londres, española es:Londres...--Hugo22 19:31, 4 xuño 2008 (UTC).
Podes poñelo tal como dis ti ou tamén incluír o enlace ao artigo orixinal deste xeito: "tradución da Wikipedia en inglés en:Political_science". Por certo se colleche so artigo da Wikipedia en castelán estarías facendo unha tradución de tradución cos problemas que iso supón, se o colleches da Wikipedia en inglés tamén inclúe un marcador a ter en conta que fala da perspectiva do artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:34, 4 xuño 2008 (UTC) (Desculpas se repito algo pero deume conflito de edición cando ía gardalo). --Prevertgl 19:34, 4 xuño 2008 (UTC)

moitas grazas. neste caso é da wikipedia en español, o da inglesa... pos non o pensei a verdade, pero de todos xeitos o texto en si está ben, despois, por suposto, semrpe quedará o filtro dos galipedistas e dos lectores que o arranxaremos, ou?? ^^ Shotokan

Esta páxina debería fusionarse con Axuda:Como traducir un artigo. --. HombreDHojalata.conversa 30 de setembro de 2018 ás 09:11 (UTC)[responder]