Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Punto de vista neutral

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neutralidade

[editar a fonte]

Unha pequena aclaración, que quizais debería incluírse nalgún parágrafo, é que cando hai dúas opinións sobre un asunto, por exemplo en temas científicos, é frecuente que unha delas sexa a esmagadoramente aceptada polos expertos e a outra sexa unha opinión marxinal no eido científico ou unha opinión emitida fóra do ámbito científico (que ás veces pode estar moi extendida). Por exemplo, non se pode dar o mesmo peso a dicir que Terra é redonda a que é plana ou á teoría da evolución (da que se discuten aspectos, pero que é xeralizadamente aceptada polos expertos) que á negación da mesma, ou ao Holocauto dos xudeus ou ao seu negacionismo, ou a moitas pseudociencias e á visión crítica das mesmas. Ser neutral neses casos implica expresar no artigo claramente cal opinión é o aceptado polos eruditos no tema e cal non. Se se lle dese igual peso ao xeocentrismo que ao big bang, por exemplo, pecaríamos dun claro nesgo (non neutralidade) en favor do xeocentrismo, xa que está totalmente desacreditado de forma xeral. Outra cousa é cando hai dúas escolas científicas enfrontadas de peso significativo que intentan explicar algo do que todavía non hai moita seguridade.--Miguelferig (conversa) 2 de xuño de 2017 ás 09:20 (UTC)[responder]

Ola Miguelferig. O que comentas está explicado principalmente en Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017#Falso equilibrio e Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017#Teorías radicais e pseudociencia. Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:27 (UTC)[responder]
Tes razón. Non o lera detidamente.--Miguelferig (conversa) 2 de xuño de 2017 ás 09:54 (UTC)[responder]