Conversa Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Maxisterio Ourense

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Novo proxecto[editar a fonte]

Boas Estevoaei e Orriolense, estou vendo que este proxecto estaba planificado de marzo de 2018 a maio de 2018, e agora están a engadirse novos artigos, supoño que serán artigos do curso 2018-2019. Penso que para estes artigos o mellor sería facer outro proxecto, que podería ser Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Maxisterio Ourense 2019 ou Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Maxisterio Ourense 2018-2019, como prefirades, para ter as cousas un pouco máis organizadas. A maiores, en cada unha das páxinas poderían engadirse ligazóns entre elas para que puideran relacionarse de forma directa os dous proxectos e ver así a súa continuidade.

Se queredes encárgome eu de facer o novo proxecto e pasar o contido, só tedes que dicirme o título que preferides. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 09:49 (UTC)[responder]

Bo día! Este proxecto está coordinado por Adrián (Estevoaei). El indicounos (somos tres profesoras) que foramos engadindo os artigos na páxina existente. Creo que sería mellor que te puxeras en contacto con el. Mil grazas polo teu interese e desculpa a tardanza da miña resposta (non sabía como funcionaban as conversas). Verónica Pousada.--Orriolense (conversa) 10 de abril de 2019 ás 11:33 (UTC)[responder]

Grazas Orriolense. Que dis ti entón Estevoaei? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2019 ás 12:29 (UTC)[responder]