Conversa Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada 2005

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trocos na galipedia[editar a fonte]

Propoño cambiar un pouco a galipedia para que estexa máis ordeada, sexa máis doada para os novos e as cousas leven algún orde :). Por favor deixade as vosas opinións, comentarios, suxestións, etc. ao final da páxina. É preciso que todos os que vexan isto dean a súa opinión, se a maioria esta a favor procederei a facer os trocos.

Nova Portada[editar a fonte]

É hora dunha nova e mellor portada. Propoño esta nova portada que fixen mirando por outras wikipedias, coido que é mellor e máis ordeada que a actual. Se tedes suxestións nos textos ou correcións dalgunhas verbas dicideo. Non vos preocupedes polas ligazóns en vermello que xa se crearan.

Lista de Enciclopedia[editar a fonte]

Poderíase encher máis a lista de Enciclopedia. O oco que fica debaixo hai que enchelo, eu propoño pór ahi as efemerides do día como fan outras wikipedias.

Páxina de comentarios[editar a fonte]

Hai polo menos tres páxinas de comentarios. A Discusión da Portada, o Wikipedia:Portal da comunidade e a páxina de comentarios. Eu propoño borrar todas ou aclopalas nunha soa que se chamaría Wikipedia:A Taberna (se alguén sabe un nome "máis galego" que o diga) como fan na wikipedia en español con Café ou na wikipedia en catalán con La Taverna.

Páxinas da Wikipedia[editar a fonte]

Hai moitas páxinas da wikipedia que non escomezan por Wikipedia:. Eu propoño que todas as páxinas da Wikipedia, isto é, todas as páxinas que non sexan entradas de enciclopedia escomecen por Wikipedia:.

Categorías[editar a fonte]

Practicamente todas as wikipedias empregan as categorías. Propoño que na galipedia tamén se empreguen as categorías.

Mensaxes personalizadas[editar a fonte]

A maioria das wikipedias empregan as mensaxes personalizadas ou modelos. Propoño que na galipedia tamén se empreguen as mensaxes personalizadas.

Traducción da wikipedia[editar a fonte]

Estase a traducir a wikipedia ao galego neste enderezo: http://meta.wikimedia.org/wiki/LanguageGl.php Todos podedes colaborar a traducir.

Lista de artigos que a Galipedia debera ter[editar a fonte]

Propoño crear a Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter á semellanza da Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter pero á galega, é dicir, que teñan que ver con Galiza.

--IaRRoVaWo 05:19, 19 Sep 2004 (UTC)

Opinións[editar a fonte]

  • Impresionante portada. Vese ordenada e doada de entender, ademáis de ser semellante ás de outras linguas.
    Gústame o nome Taberna, moi galego, nada de coffee-shops por aquí. Gustaríame participar na tradución do php, mais non entendo de códigos e non sei o que teño e cambiar e deixar sen traducir. Polo menos, a ver se meto algo na listaxe do que a Galipedia debera ter. Correccións de verbas:
    Na cela superior: Proxeto(tamen máis abaixo)-->Proxecto, có propósito-->co propósito, obxetivo -->obxectivo, sabeduría-->sabedoría, restriccións --> restricións. Na cela amarela: enbaixo -->embaixo, insertar mensaxe -->inserir mensaxe, verificar "estatística/estadística". Noutras linguas: noruuegués -->noruegués, ucrainiano -->ucraíno, sul -->sur. Outras wikis: wikicionario/wikcionario?, coleción de citas -->colección de citas. Ao final: license -->licenza?, sobor da wikipedia -->sobre a wikipedia, derradeira vez --> última vez. Eu non son ningún experto, así habería que verificalas todas, polo demáis estou dacordo con este novo formato. --Aricum 14:55, 19 Sep 2004 (UTC)


  • Unho: Pareceme ben. Propoño que cando algun usuarios faga un comentario, poña un asterisco diante para que os vaia poñendo en forma de lista (Tomeime a libertade de poñerlle un á mensaxe de Aricum). E non vos esquezades de identificar os vosos comentarios.
    Unha pega: falta a lista de letras (A - B - C - D - E...) e algo de verde non lle viña mal á páxina. O que si que hai que facer é poñer tódolos enlaces relacionados con como editar a Wikipedia, etc. xuntos na páxina principal. Ademais apoio a proposta de que todos comecen por Wikipedia:oquesexa.
    Xa comentei nalgunha outra parte que intentei ordenar a lista de entradas que había nos índices por letras (visitade A, B, C) para ver como quedaron. Repítovos que cando creedes unha nova entrada, aseguradevos de que tódolos enlaces que creades están nos respectivos índices (cando menos o da súa letra), ainda que o destino dos devanditos enlaces ainda non estea creado. Isto tamén se pode aplicar a calquera enlace que vexades por aí e non estea nos índices.
    Por certo, vin o de "Wikipedias con máis de X artigos" pero poderíanse poñer tamén "con máis de 100.000 artigos".
    O da taberna é necesario, pero recordade o que vos dixen de poñer un asterisco antes das mensaxes e de asina-las mensaxes. Creo que me quedaron cousas por dicir pero non me acordan.


  • O das listas A, B, C non me parece moi boa idea. Ningunha das outras wikipedias o fai, ademais as entradas A (B, C...) deberían empregarse só para o alfabeto galego (ou latino). Se a función da listaxe é pór todas as palabras que comezen por A pois é case imposible xa que son moitas e cada vez medra máis. Se a función é a de pór nesa lista as palabras orfas (que ningunha entrada as liga), pra iso xa temos Special:Lonelypages onde aparecen todas as páxinas orfas. En definitiva, o de facer unha listaxe en A, B, etc.. non me parece axeitado :).
    Na discusión de LanguageGL.php porei unha axuda pra como traducir, ainda que eu tampouco sei moito a ver se así queda máis claro :).
    Nas outras wikipedias o sistema de comentarios é poñendo a firma (--~~~~) ao final da mensaxe. Se un comentario é resposta a un comentario faise tabulación (:) e se é unha resposta dunha resposta faise dobre tabulación (::) e así sucesivamente. O de poñer o asterisco (*) antes o vexo boa idea, podese facer nesta wikipedia (para respostar a un comentario empregarase dous asteriscos **). --IaRRoVaWo 19:15, 19 Sep 2004 (UTC)


  • Unho: O de face-la lista de tódalas palabras que comezan por esa letra, xa o debería facer o propio programa. Eu seguirei poñendo o meu nome no principio do comentario.
    • De feito antes o facia, mais ao ter moitas entradas se relantizaba a base de datos e quitaron o sistema. Eu coido que non o deberia facer, xa que nunha enciclopedia como a wikipedia non ten moito sentido. (para poñer a firma dalle ao segundo boton empezando pola dereita que tes enriba deste recuadro). --IaRRoVaWo 00:25, 20 Sep 2004 (UTC)
      • Unho: ¿Cal botón? Dise sinatura. Ainda que agora que cambiaron de normativa estoume volvendo tolo. Acábome enterar (non comprobado ainda) de que se di seguranza e non seguridade. --Unho 20:02, 20 Sep 2004 (UTC)
  • Agremon Por partes: Paréceme ben a portada, IARROVAWO. // O de poñer as efemérides está ben, pero antes hai que facelas, e creo que aínda falta. O do oco das enciclopedias si que se pode encher abondo rápido. // O de unificar a páxina de comentarios, a pesar de que hai que simplificar o número, non me parece nin me deixa de parecer. Pode que durante algún tempo sexa mellor unificala, e nese sentido, o de taberna podería ir ben, pero hai que deixalo ben claro en Portada e outros lugares. // O das páxinas que non comezan por 'wikipedia' non o entendo. Cando o entenda opinarei.//O das categorías: primeiro enterarse ben do funcionamento. Cando alguén esteña preparado, adiante.//O mesmo respecto ás mensaxes personalizadas//O da lista de artigos que a galipedia debera ter, non me opoño, pero creo que sería mellor poñer unha páxina de peticións, a secas.//Respecto á traducción 'meta': Creo que todo o que saiba un chisco de inglés debe de colaborar na medida que poida e como segundo lugar despois da introducción de novos artigos ou corrección dos vellos na galipedia.// O de poñer o alfabeto na portada non me parece mala idea, mentres o diccionario non teña unha entidade abonda por si mesmo. despois, habería que quitala.//
  • Puxen as efemérides no proxecto de portada, que tal fican? // O de 'wikipedia' diante dos nomes é para as páxinas que non sexan enciclopedicas, exemplo: Wikipedia:Axuda. --IaRRoVaWo 23:28, 8 Oct 2004 (UTC)
  • Entendido o da Wikipedia: ; É unha boa solución. Polo demáis, reitérome no dito, e á Portada estalle a facer falla un retoque. Antes de colgala, pega un retoque para que non se perdan vínculos xa existentes (eu non vin que se perderan).--Agremon 08:21, 9 Oct 2004 (UTC)
  • Tódolos cambios parecenme ben. É unha Portada na que a organización e a claridade permiten atopar antes as cousas. Propoño que se comprobe a posibilidade de enlazar coas categorías como comentei noutra páxina de discusión (creo que hai algún problema coas traduccións de category e categories), Exemplo ó enlace que poño a continuación á categoría Cine non aparece: Category:Cine . Tamén creo que hai que ter coidado coas páxinas de discusión, a última das cales é Central de discusión (aquí chámase Taberna) para que tódolos debates estexan centralizados no mesmo sitio.Canto antes se pase a esta Portada mellor, se hai que pulir algún aspecto que surxa pode facerse sobre a marcha. Sáudos.--Prevert 12:23, 9 Oct 2004 (UTC)

Artigo destacado[editar a fonte]

  • Os artigos destacados deberian-se anunciar unhas semanas antes para que os depurásemos ainda máis e, no momento en que pasen á Portada seren bloqueados para evitar vandalismos que afectarian à imaxe da Galipedia, É a política noutras wikipedias. Xosé (✉) 22:54, 18 outubro 2005 (UTC)