Conversa Wikipedia:Opinión dun terceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eu non estou de acordo con esto, nin en xeral con Como resolver disputas. Traer aquí as formas que empregan wikipedias de 200.000 artigos e miles de usuarios activos non me parece ben. Habería que adaptar como resolver disputas e borrar esto na miña opinión. AlberteSi, digame? 18:18, 8 setembro 2007 (UTC)

Claro que hai que facer unha adaptación, pero si temos traducido un artigo que é unha política oficial neste caso da portuguesa que ten un sistema de xestión de conflictos menos burocrático que o da inglesa ou o da española, pois xa temos un punto de partida para traballar sobre el. Digo eu que non borramos artigos ao primeiro porque no primeiro día non estén perfectamente delimitados, o que haberá que facer é traballar máis neste tema. Alma 18:23, 8 setembro 2007 (UTC)

Eu neste caso estou de acordo con Alberte, e que sexa política oficial noutras wikipedias non quere dicir que o sexa automáticamente nesta. Creo que habería que engadirlle unha especie de plantilla arriba que diga que esta non é unha política oficial da Galipedia e que só é unha proposta, pois non foi votada por tódolos usuarios, e pasar a debatila.

Por outro lado, eu prefiro que a resolución de conflitos estea o máis burocratizada posíbel, pois é moi doado que se a mediación faise de dous xeitos diferentes en dous conflitos diferentes, dende un deles digan que se lles discrimina e que no outro se fixo doutra maneira. E iso se evita tendo un procedemento claro que non dea lugar a confusións, e a burocratización trae iso consigo. Por outro lado, a burocratización significa tempo, o que non cunflito é importante. Canto máis tempo pase entre contestacións nun roce, máis calmadas serán, pois se daría máis tempoa que ó usuario se lle pase o cabreo.--Fryant 18:46, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Do que dixera creo que se deduce que non estou en contra de que se engada ese marcador, pero o da burocratización excesiva co fin de que pase tempo, non estou dacordo, para eso podes ver o caso do Talk: José María Alonso y Trelles que despois de 9 meses segue sen ter unha resposta por parte da Administración e non hai procedemento establecido, se fixas un procedemento excesivamente burocrático, en vez de dar seguridade o que consegues é o contrario. Hai que dar solucións aínda que a un usuario dos involucrados non lle gusten, non se consegue nada esperando a que pase o tempo, eso non significa que regulemos un procedemento perfectamente definido para que a casos iguais sexan dadas respostas iguais. Alma 18:56, 8 setembro 2007 (UTC)
  • O caso que indica non o poría como exemplo, pois nese momento non había ningún tipo de política pública para resolver disputas na Galipedia, é simplemente a actuación dun administrador. O problema como ti dís é que non hai proceso establecido, non que haxa un proceso excesivamente burocratizado. Eu creo que sí que da seguridade, xa que sabes perfectamente que se está a dar pasos constantemente na resolución e podes saber perfectamente en cada momento en que paso está, simplemente comparando a actuación do mediador, ou como lle queiras chamar, coa política establecida. E sobre o de deixar pasa-lo tempo, non quere dicir que se deixe pasar indefinidamente, só un tempo prudencial que é precisamente o que se da dende que comeza a mediación até que se soluciona. O tempo proporciona calma e unha visión máis axeitada do sucedido, e nun conflito é indispensábel ter estas dúas cousas.--Fryant 19:26, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Sigo opinando que isto hai que borralo completamente, xa que é unha proposta que parte doutra proposta non aprobada. AlberteSi, digame? 17:30, 14 setembro 2007 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo con Alberte, antes de introducir directamente unha política doutra wiki habería que intentar crear unha propia. --Banjo tell me 17:38, 14 setembro 2007 (UTC)
  • Symbol oppose vote.svg Discordo Eu creo que se trata de documentación coa que traballar, que diferenza existe co resto de artigo de wikipedia que non son oficiais? Pois creo que son documentos de traballo, Pódese facer unha proposta sen ter en conta o traballo xa feito noutros lados? Si, pero supoño que de xeito máis difícil. No artigo que define Burócratas é unha tradución, eu quedeime co básico e propúxeno no seu talk como proposta de partida. Nese caso semella máis fácil xa que o contido é na maior parte común a todas as wikis, e é un concepto básico que necesitamos para seguir falando doutras propostas. Cómo podemos falar de outras propostas relacionadas cos burócratas senón o temos definido.? Só é unha opinión, pero creo que todos aprendemos fixándonos nos demais polo que creo que como tradución e documento de traballo está mi ben telo. Senón o usamos xa é outra cousa, pero entón deberiamos valorar cantos destos non usamos e están an mesma situació. Lansbricae (Ti dirás) 18:12, 14 setembro 2007 (UTC)