Conversa Wikipedia:Galipedia móbil

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creei esta Portada para a versión móbil da Galipedia. Baseeime na Portada actual retirando algunhas partes, lembrade que non debe pesar moito para que cargue ben nos dispositivos móbiles. Botádelle unha ollada e dicide se vos gusta. --Toliño Fala aquí comigo 18:53, 2 marzo 2010 (UTC)

  • A min gústame moito. E que tal se aproveitamos para lle meter os meses na cultura popular galega, esa idea que expuxo o Estevo na conversa da portada estándar? --Atobar (conversa comigo) 18:56, 2 marzo 2010 (UTC)
OK, de acordo. De todos os xeitos vou limpar un pouco os cadros de cores porque no móbil vense así. --Toliño Fala aquí comigo 18:58, 2 marzo 2010 (UTC)
Creo que para a versión móbil é mellor unifica-la cor das bandas e deixar a mesma en todas. Tantas cores distints en tan pouco espazo queda algo discordante. --Alberte Si, dígame? 23:04, 13 de abril de 2010 (UTC)

Veño de facer novos cambios: retirei as pequenas imaxes que había ao carón de cada título e unifiquei as cores na azul que tiña o Sobre Galicia. Que máis? Agora é mellor a navegación nos dispositivos móbiles? --Toliño Fala aquí comigo 18:26, 3 de maio de 2010 (UTC)