Conversa Wikipedia:Fontes fiables

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xuízo editorial[editar a fonte]

A que se refire o termo de xuízo editorial no apartado de Visión xeral?... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 13:43 (UTC)[responder]

Ó "(bo) xuízo editorial" / "bo xuízo dos editores". Entendendo xuízo como a segunda acepción que dá a RAG: Capacidade mental para actuar de maneira razoable e correcta Banjo tell me 8 de novembro de 2016 ás 13:46 (UTC)[responder]
Si..., pero a miña dúbida é que en en.wiki teñen o artigo en:Editorial judgment, virán por aí os tiros. Se non é isto entón penso que debería cambiarse a redacción desa parte para que non haxa dúbida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 22:54 (UTC)[responder]
Non ten nada que ver cunha xunta editorial (editorial board), nin con esa redirección. No mundo editorial tradicional hai grupos e xuntas que toman as decisións, pero aquí a redacción da política refírese á toma de decisións do conxunto dos editores da Wikipedia. Se crees que quedaría mellor formulado doutra forma adiante, sen medo. Banjo tell me 8 de novembro de 2016 ás 23:03 (UTC)[responder]
Claro, tes razón, pois entón eu cambiaríao polo que dixeches ti do bo xuízo dos editores, e así non hai lugar a dúbidas..., vale? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 23:18 (UTC)[responder]