Conversa Wikipedia:Como resolver disputas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Na Wiki portuguesa hai unha proposta de política oficial que se chama a regla das tres reversións que regula dunha maneira moi completa o bloqueo a un usuario no caso de que entre nunha guerra de edicións. Tamén regula a posibilidade de que dito usuario sexa un Administrador, e non esté facendo uso do seu poder de reversión de vandalismos. Penso que aínda que non sexa unha política oficial, sería interesante a súa tradución para incorporala a esta política coas modificacións que se precisen. Alma 18:18, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Eu creo que o como resolver disputas debe consistir en unhas recomendacións xerais e evidentes baseándose nas normas de conduta. En vez de denominar primeiro paso, segundo paso... prefiro primeira recomendación, segunda recomendación... Respecto ó terceiro paso eu eliminaríao enteiro. Non fai máis que complicar, crear novas páxinas innecesarias e restrinxir. Creo que aquí adoitaba aplicarse unha cousa que non necesitaba políticas: o sentido común á hora de resolver os problemiñas. Eu quería que seguira así en troques de poñer máis e máis políticas, innecesarias moitas veces na actual vida da Wiki. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:18, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Eso xa existía cando ocorreu o caso Trelles, cando o Talk 1 de Xaneiro e cando o caso Maañón recollido en Wikipedia:Normas de conduta e non serviu para canalizar as discusións que se produciron. Un administrador tomou a decisión da creación dunha refundición de todos eses elementos nunha páxina denominada Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007 cuxa denominación inclúe propostas relacionadas con eses tres casos distantes no tempo, diferentes en persoas implicadas e diferentes nas motivacións de cada unha das partes actoras e na que se poden ver as participacións. Creo que a práctica ten demostrado suficientemente que non se pode exisir a un administrador, a un burócrata ou a un usuario común que actúe sempre de xuíz nos casos máis polémicos. Tamén creo que se ten demostrado que mediante o sistema vixente ata o de agora que denominas "o sentido común á hora de resolver os problemiñas" non serviu para pechar discusións que levaban desde 2006 abertas. Concordo en que ese sentido común debe rexir en toda busca de consenso pero non vexo en que atenta contra ese sentido común establecer unhas vías ás que se poida acoller calquera para tratar de solucionar un conflicto no que se atope inmerso.

Quero tamén insistirte en que teñas en conta a frase orixinaria do artigo Como resolver disputas (wiki pt) "Não faça as pessoas debater posições que você realmente não defende e não prolongue seu discurso desnecessariamente para evitar que uma decisão não seja tomada", xa que este plantexamento leva aberto xa desde fai tempo na páxina caso de agosto onde ninguén me levou a contraria ainda que tampouco concordou, e esta tradución apenas sen tocar desde que foi traducida. Non entendo logo a que te refires con seguir así, así como? sen facer nada relacionado coas políticas, nada é necesario? Lansbricae (Ti dirás) 14:54, 27 setembro 2007 (UTC)

Que facemos con esta páxina?[editar a fonte]

Pois iso, que facemos? A arquivamos? AlberteSi, digame? 11:55, 23 outubro 2007 (UTC)

O mesmo que fixeches coa votación da imaxe da semana 50. Lansbricae (Ti dirás) 12:00, 23 outubro 2007 (UTC)

  • O caso é que non hai ningunha páxina onde arquivar estas cousas. Supoño que con arquivar a votación, onde xa vai incluída a proposta basta, e isto se borra. Non sei. AlberteSi, digame? 12:18, 23 outubro 2007 (UTC)

Vaiamos por partes[editar a fonte]

Primeiro deberíamos decidir se queremos ter unha normativa de resolución de disputas ou non, independentemente do contido, se se decide que si, entraremos a discutir o contido por partes. Eu propoño que se fale o tema con moita calma e que se abra a votación mais tarde cando todas as posicións estexan explicadas e argumentadas.

Eu penso que unha normativa sobre este tema é unha das necesidades mais acuciantes da galipedia. Sucesos recentes demostran que disputas sobre temas de pouca importancia entre editores que na maior parte eran xente que leva moito tempo no proxecto e de recoñecido prestixio tiveron evolucións desastrosas. A existencia dunha normativa vai evitar iso? Non. Pero pode axudar á súa resolución e fundamentalmente a minimizar as baixas. As persoas que sigan as regras verán reforzada a súa posición ante terceiras persoas e terán a conciencia tranquila.

Polo tanto eu propoño que si se aprobe un conxunto de normas mais ou menos detalladas, mais que incluan cando menos:

  • Orientacións xerais que poden parecer evidentes á xente que leva moito tempo en proxectos deste tipo, pero que non o é para novos usuarios.
  • Un sistema para utilizar en caso de disputas xa avanzadas e que non se dan resolto. É unha tarefa fodida e que ninguén quer para si, pero se non volvemos a ter un problema dese tipo será unha proba do noso fracaso. Cada vez rexistanse mais usuarios e aparecen novos intereses na galipedia e as dicusións importantes sobre temas conflitivos aparecerán (política, relixión..) e teremos que tomar bando, e é preferibel ter algo escrito como guia.

Fago unha última chamda xeral e obvia: todos procuramos o mesmo, e as pequenas diferenzas que podamos ter sobre como alcanzalo deberían estar sempre minimizadas polo feito de que no fundo, queremos o mesmo. Xa chegará xente con outros intereses (pode que xa haxa algunha) pero mentras podamos, e podemos, facer disto un pracer ademais de outras cousa é fácil. Un saúdo.--emilio juanatey(talk) 13:29, 23 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo con Juanatey en que dotar á Galipedia dun sistema de resolución de conflitos é esencial e prioritario. Gustaríame que as persoas que se manifestaron tan categóricamente en contra deste sistema e de calquera outro que regulase os coflitos me dixeran a min, por exemplo, qué podía facer eu, ante quén podía recorrer, pola indefensión que sentín cando dous administradores e un usuario utilizaron a miña páxina de discusión para enliortarse entre eles (comportamento polo que só recibín as desculpas doutro administrador distinto en nome da Galipedia bastante tempo despois explicando ademais que eso era contrario as normas de conduta da Galipedia). Non quero e non é a miña intención remexer en nada pero considero un insulto persoal dicir que non é preciso un sistema para que cando alguén non ten onde nin con quen defenderse, poida polo menos pedir un mínimo de respecto persoal e unha aclaración do acontecido. É o xusto. Vid. Xustiza. Alma (fálame eiquí) 14:00, 23 outubro 2007 (UTC)