Conversa Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas, teño unha suxestión para algúns apartados:

9.4 Ligazóns ás fontes[editar a fonte]

  • No caso de contido de acceso limitado/restrinxido, eu incorporaría o uso recomendado do campo subscrición=si. (Aforra problemas para quen le e para o bot de InternetArchive). E o mesmo para rexistro, pero descoñezo o campo. Estaría ben, xa que está bastante explicada esta parte incluír a distinción entre contido aberto pero baixo rexistro e contido baixo subscrición.
Feito! Feito! Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:04 (UTC)[responder]

Estilo de citas[editar a fonte]

Formato de data?[editar a fonte]

Hai un pouco de conflito entre a) liberdade de estilo de cita b) prácticas admitidas (harmonización de estilo de cita nunha entrada que usa varios) c) formato de datas (penso que xa hai unha discusión aberta sobre isto, pero non a atopo). O formato de datas en teoría debe ir aliñado co estilo de cita escollido, pero na práctica eu creo que cadaquén usa un formato de data en función do que lle é cómodo, sobre todo por consecuencia do uso de citoid. Penso que habería que debatir isto e integralo nesta proposta. De non chegar a un acordo, igual hai que seguir a norma da primeira persoa que editou.

Non hai un acordo. Xeralmente procúrase utilizar un mesmo formato en tódalas referencias dentro dun mesmo artigo. Creo que había unha discusión na taberna, non sei se xa estará arquivada. Mentres non haxa acordo non podo integralo na proposta. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:11 (UTC)[responder]

Formato autores[editar a fonte]

Non se chegou a un acordo co uso de a) maiúsculas b) versaleta c) primeira inicial en maiúsucula. Un saúdo Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 07:35 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Wikipedia:Libro de estilo#Indicacións para as referencias e bibliografía. Faime un {{ping}} neste tipo de casos, case se me escapan estes comentarios. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:11 (UTC)[responder]
@Banjo: Xenial, grazas! Soábame que se estivera a discutir, pero xa está amañado, logo. Desculpas, non se me ocurriu miralo xusto onde compría. Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 21:22 (UTC)[responder]

Ligazóns persistentes[editar a fonte]

Igual é demasiado, pero eu proporía un detalliño que incidise na necesidade de arquivar as ligazóns especialmente no caso de ser a) webs e blogs en galego/de Galicia b) prensa dixital galega. É un traballiño, si, pero o certo é que cada pouco tempo desaparecen sitios como blogaliza, por exemplo, páxinas persoais que eran significativas e ós arquivos da prensa dixital galega nalgúns casos pérdeselle a pista a nova en concreto que buscabas ao pouco tempo. Que opinades?

Un saúdo Maria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 20:45 (UTC)[responder]

O ideal é que se arquiven tódalas ligazóns susceptibles de desaparecer nun futuro, non só as fontes de orixe galega. As recomendacións sobre isto están en Wikipedia:Ligazóns mortas#Previr as ligazóns mortas Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:13 (UTC)[responder]
@Banjo:, sei, sei, pero na práctica, polo que teño visto, non se fai moito. Dicíao por incentivar un pouco máis o tema. Recuperar fontes alternativas para información en linguas con máis falantes é tarefa moito máis sinxela que rescatar ligazóns mortas máis "locais". A longo prazo é un tema...SaúdosMaria zaos (conversa) 14 de marzo de 2019 ás 21:18 (UTC)[responder]
@Maria zaos: Podes engadir a recomendación libremente en Wikipedia:Ligazóns mortas#Previr as ligazóns mortas, no primeiro parágrafo da sección. Coido que alí é o sitio máis axeitado para iso, xa que non ten o caracter normativo deste texto pero é o texto específico que contén as recomendacións de como tratar esa cuestión, e está suficientemente ligado dende este. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 21:24 (UTC)[responder]