Conversa Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina é empregada sobre todo por un público non galegofalante, así que, para face-la páxina máis sinxela para quen solicite dereitos de bot, coido que sería interesante ter unha versión en inglés desta páxina. --Alberte Si, dígame? 16:43, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Ónde podo comezar esa páxina en inglés?, en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/en, por exemplo?. Tamén se podería facer unha pequena plantilla multiidioma coma se fai en meta, si queredes permitir máis idiomas. --Elisardojm 17:33, 7 de outubro de 2010 (UTC)
Eu voto pola páxina multiidioma, cunha versión en inglés para empezar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:38, 7 de outubro de 2010 (UTC)
Vale, cando teña un momento ireina facendo, se non hai outra noticia antes, na dirección que puxen enriba. Saúdos, --Elisardojm 00:41, 8 de outubro de 2010 (UTC)
Xa fixen as versións en castelán e inglés da páxina. Si alguén controla de inglés que lle vote un vistazo a esa versión porque non estou seguro de que todo esté correctamente, pero si espero que esté bastante comprensible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:46, 4 de novembro de 2010 (UTC)

Unha preguntiña[editar a fonte]

É que non teño totalmente claro cándo hai que facer a petición de aprobación do bot, ¿antes de que faga ningunha edición de proba ou hai que esperar a que o bot esté 'totalmente' listo para traballar?. Eu teño o código dun bot pero antes de poñelo a traballar de forma normal teño que facer probas para comprobar que non mete a zoca por todos lados porque é a primeira vez que uso un programa deste tipo, ¿teño que facer a petición do bot agora xa para facer esas probas ou fágoa despois cando o bot xa esté a punto?. Saúdos, --Elisardojm 17:27, 7 de outubro de 2010 (UTC)

Fai mellor a petición cando controles ben o bot. De momento edita con normalidade, pero sen asolagar os cambios recentes que é un dos problemas que pode provocar un bot sen o status. --Alberte Si, dígame? 17:46, 7 de outubro de 2010 (UTC)
Moi ben, a ver o que vai saíndo!! :). Saúdos, --Elisardojm 20:48, 7 de outubro de 2010 (UTC)

Tempo de duración das votacións[editar a fonte]

Canto tempo dura a votación para a aprobación/revogación de bots? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 15:55 (UTC)[responder]

WP:VO di o seguinte: --. HombreDHojalata.conversa 9 de abril de 2013 ás 07:19 (UTC)[responder]

Aprobación de bots

  • Duración mínima: 7 días de votación.
  • Votos: un mínimo de 3 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos.
Vale, grazas. Xa me parecía que tiña que estar alí. Pero aínda así hai que mellorar o redacción dos modelos, porque non pode ser que as votación non teñan data de comezo e finalización. A ver se o fago. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 09:58 (UTC)[responder]
Que queres dicir con "mellorar a redacción dos modelos"? --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 10:23 (UTC)[responder]
Pois que onde pon Como mínimo requírense tres votos para que o bot sexa aprobado. hai que reescribilo e poñer o tempo de duración e isto nos 3 idiomas, e crear un modelo de precarga cos datos solicitados, como na Wikipedia en español. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 10:33 (UTC)[responder]