Conversa:Zyklon B

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dose letal do HCN[editar a fonte]

Hai que aclarar o da dose letal do HCN. Eses 70 mg que son exactamente, concentración no aire (en m3), no sangue, ou son dose total de mg respirados por minuto?

Atopei o seguinte dato: Segundo algunhas estimacións toxicolóxicas, a inhalación dunha dose de 200 mg/m³ (equivalentes a 180 ppm) de cianuro de hidróxeno causa a morte aos humanos en 10 minutos, e se a dose é de 300 mg/m³ (ou 270 ppm) a morte é inmediata. A referencia é: Public Health England. Hydrogen Cyanide . Toxicological overview. Páxina 6. [1]. Hai outras referencias con datos non sempre coindentes e difíciles de comparar, xa que non usan as mesmas unidades ás veces.--Miguelferig (conversa) 25 de decembro de 2016 ás 14:15 (UTC)[responder]

Correxido cos datos e fonte que achegas. Banjo tell me 25 de decembro de 2016 ás 20:46 (UTC)[responder]

Segunda frase[editar a fonte]

A segunda frase do artigo, que fala da composición do produto, creo que causa un pouco de confusión, porque parece que a 2ª cousa (o admonitorio de ollos) é unha explicación do que é o cianuro de H, ou polo menos a min me costou entendelo. E tamén o dos varios elementos de adsorción me costou pillalo inicialmente. Podería simplificarse a frase sen aterse tanto á tradución literal. Por exemplo, unha das posibles cousas que se me ocorre a min é:

"Constaba de tres compoñentes: cianuro de hidróxeno como compoñente activo, un irritante dos ollos como precaución, e un adsorbente estabilizador, que podía ser, por exemplo, a diatomita".

A diatomita ou terra de diatomeas é só un dos varios posibles adsorbentes que se podían utilizar, e que estabilizaba o produto (a terra de diatomeas tamén estabilizaba a nitroglicerina nos cartuchos de dinamita). O do irritante de ollos usado como precaución (caution), supoño (especulo) que se usaba por se había algún escape, para que servise de aviso ou admonición de que estaba escapando accidentalmente do recipiente ese gas tan velenoso e que a penas ten cheiro nin cor, en caso de que se chegase a producir tal circunstancia.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 00:42 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 29 de decembro de 2016 ás 00:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Zyklon B. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de abril de 2019 ás 22:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Zyklon B. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de xaneiro de 2020 ás 19:00 (UTC)[responder]