Conversa:Zona especial de conservación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Lugar de Importancia Comunitaria ou Lugar de Interese Comunitario ou valen as dúas denominacións? --Xosé (✉) 15:05, 20 maio 2007 (UTC)

É estraño que o preguntes ti, non por nada pero segundo o historial fuches ti o que escribiu o artigo, mirei no historial da española e nas versións antigas aparece Lugar de Interés Comunitario, supoño que se o traduciches desa fonte o erro virá de aí.Acerto 16:00, 20 maio 2007 (UTC) Por certo a Xunta utiliza Lugar de Importancia Comunitaria.Acerto 16:06, 20 maio 2007 (UTC)

  • "Importancia", non "interese" (por máis que o seu interese ecolóxico sexa capital. "Importancia" é a denominación utilizada pola Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente e a Unión Europea. Pedro. --Lameiro 21:19, 19 xuño 2007 (UTC)

Movo a páxina a ZEC coa finalidade de simplificar e por ser os LIC só unha fase na declaración dos ZEC dentro da Rede Natura. Mgl.branco (conversa) 24 de outubro de 2017 ás 09:41 (UTC)[responder]

Proposta de eliminación da páxina LIC[editar a fonte]

Hai unha proposta de eliminación da páxina de LIC así que explico porqué non se debe eliminar a redirección de LIC a ZEC: é unha redirección necesaria. Un "Lugar de importancia comunitaria" (LIC) é unha fase inicial na declaración de "Zona especial de conservación" dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea. A "Directiva 92/43/CEE do Conselho, de 21 de Maio de 1992, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens", que regula isto, declara que:

Artigo 4º 1. Com base nos critérios estabelecidos no anexo III (fase 1) e nas informações científicas pertinentes, cada Estado-membro proporá uma lista dos sítios, indicando os tipos de habitats naturais do anexo I e as espécies do anexo II (nativas do seu território) que tais sítios alojam. 2 [...] A lista dos sítios seleccionados como de importância comunitária, que indique os que integram um ou mais tipos de habitats naturais prioritários ou uma ou mais espécies prioritárias, será elaborada pela Comissão segundo o procedimento a que se refere o artigo 21º [...] 3. A lista referida no número anterior será elaborada num prazo máximo de seis anos a contar da notificação da presente directiva. 4. A partir do momento em que um sítio de importância comunitária tenha sido reconhecido nos termos do procedimento previsto no nº 2, o Estado-membro em causa designará esse sítio como zona especial de conservação, o mais rapidamente possível e num prazo de seis anos, estabelecendo prioridades em função da importância dos sítios ...
Directiva 92/43/CEE

Isto é, os LIC son unha fase de proposta de espazos naturais a protexer por parte dos estados membros ante a Comisión, e son un estado inicial do seu programa de conservación. Os LIC decláranse como ZEC cando se reúne unha comisión pertinente por áreas bioxeográficas e determina cales son as rexións LIC que cumpre os méritos para seren declaradas finalmente como ZECs por parte do estado rexional. Isto é, que cheguen a ZECs depende finalmente da aplicación por parte dos estados. Así que, como cada estado ou rexión ten a potestade de propoñer novas zonas (como é o caso de Galicia) a entrar na Rede Natura sempre existirán os LIC e os ZEC na rede. Hai estados que non cumpriron os requirimentos e non declararon os LIC como ZECs (non chegou a comisión ou non aplicaron a súa vixencia despois da comisión), e outros que están propoñendo novos LICs para sumar aos seus ZECs da rede. Por iso, precísase a páxina de "Lugar de importancia comunitaria", e na miña opinión, que redirixa a ZEC, onde se explica o anterior proceso de declaración.Mgl.branco (conversa) 24 de outubro de 2018 ás 10:09 (UTC)[responder]

Mgl.branco, quitei o borrado e a redirección de LIC a ZEC e puxen no artigo a tradución do artigo de es.wiki, cando poidas revisa que sexa correcto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2018 ás 12:20 (UTC)[responder]