Conversa:Xoán Gato

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei se deberiamos crear ou non unha páxina de homónimos xa que outros persoaxes levaron o mesmo nome. Do que atopei posúo poucos datos pero deixoo como anotación: Foi Xoán Gato, mordomo do infante don Sancho, fillo do rei Afonso X e que residíu e actuou en Galicia desde Allariz. O infante vivíu en Allariz na súa xuventude e realizou funcións delegadas da Coroa en Galicia. Lansbricae (Ti dirás) 12:23, 20 xuño 2007 (UTC)

Poderíase, pero eu deixaría que Xoán Gato, a principal, fose a do político. E crear a maiores unha Xoán Gato (homónimos). Non? --Xabier Cid 12:38, 20 xuño 2007 (UTC)

non seria mellor que a do politico levase o nome completo Xoan Gato diaz, e distribuir cara ás outras na de homónimos?

Emilio juanatey 14:45, 20 xuño 2007 (UTC)

se a alguen estorba o persoeiro borrao, e o mais facil, e vamos buscar entradas que estorben`para eliminarlas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.24.114.179 (conversacontribucións)

Ola 88.24.114.179. Por favor teña coidado ao publicar as súas mensaxes para que non aparezan asinadas por outras persoas. Con respecto ao que se fala arriba aclararlle que non trata de borrar a entrada senón dos chamados homónimos, páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:04, 20 xuño 2007 (UTC)

Na web do concello asina como Juan Gato [1], e no rexistro de alcaldes do ministerio de administracións públicas (que por outra banda está pragado de erratas) tamén aparece como Juan [2]. Alguén sabe con certeza cal é o seu nome? --Caronium 18:49, 17 xuño 2008 (UTC)

Ainda que oficialmente non ten traducido o seu nome ao galego, o nome deste político singular dende os mesmos tempos da resistencia antifranquista e da loita sindical é Xoán, e así é coñecido publicamente dende hai moitos anos.

Categoría:Alcaldes de Galicia por UG[editar a fonte]

Elimino a categoría de Alcaldes de Galicia por UG, xa que nunca chegou a ser alcalde por esa formación política, aínda que si concelleiro. Foi alcalde por ANGN, PSG-EG, Unidade por Narón, e Terra Galega.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:54, 12 de agosto de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Xoán Gato. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 10:25 (UTC)[responder]