Conversa:Xacaré

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penso que é mellor como nome da páxina Caimán xacaré, xa que todos os caimáns se chaman caimáns + o "apelido" e este sería o único que non. Ademais, como A Chave propón o nome xacaré para todos os caimáns e en Brasil chámanlle jacarés a todas as especies de caimáns (non só a esta), pois iso crea confusión. Os nomes da páxina penso que deben evitar crear confusión, e o que haxa que explicar sobre os varios nomes que se lle dan explícase dentro do texto. En portugués existe tamén a palabra caimão.--Miguelferig (conversa) 6 de decembro de 2016 ás 00:40 (UTC)[responder]

Agora existen as páxinas xacaré (un caimán) e xacaré americano (un aligátor), pero os dous son americanos.--Miguelferig (conversa) 17 de xullo de 2017 ás 19:46 (UTC)[responder]
No dicionario Digalego non se traduce jacaré (ou yacare?) por xacaré, senón por iacaré (ver caimán).--Miguelferig (conversa) 5 de maio de 2018 ás 17:20 (UTC)[responder]
Miguelferig, borrei a redirección a xacaré americano xa que non tiña referencias axeitadas, polo tanto, agora só existe esta páxina para o xacaré. Ten incluído tamén o nome de caimán xacaré, e como os dous nomes teñen referencia, eu diría, mentres non haxa outras fontes/información/artigos de xacarés, deixalo así para manter a escolla do primeiro editor. Ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2018 ás 16:40 (UTC)[responder]
Eu sigo preferindo caimán xacaré (ou iacaré?), pero polo momento é mellor deixalo como está, xa que non hai referencias de peso en publicacións zoolóxicas ou vocabularios específicos nin para un nin para o outro, aínda que o feito que no Digalego usen caimán iacaré vai en favor da miña escolla.--Miguelferig (conversa) 7 de maio de 2018 ás 19:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xacaré. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 08:03 (UTC)[responder]