Conversa:Women's Tennis Association

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas tardes! Acabo de propor o cambio de nome desta páxina na Taberna cara a "Asociación de Tenis Feminino". Espero que o atopedes correcto ou outras opinións ao respecto. Grazas e saúdos.--Castelao (conversa) 31 de maio de 2018 ás 15:05 (UTC)[responder]

Os cambios de nome non hai que debatelos cos administradores, se hai un erro ou problema hai que comentalo na páxina de conversa do artigo, ou se é preciso, nunha das páxinas da taberna.
Sobre a cuestión, eu creo que, se non hai referencias en galego para o uso dese nome, debería deixarse engadindo a tradución do nome en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2018 ás 17:02 (UTC)[responder]

Grazas, Elisardojm, pero entón talvez non cómpre a tradución da páxina Association of Tennis Professionals. De feito houbo dúbidas sobre a correcta tradución, tal como se pode ver no historial.--Castelao (conversa) 31 de maio de 2018 ás 19:11 (UTC)[responder]

O nome dun artigo non ten que ver co nome do outro, Castelao, ó mellor si é posible atopar referencias en galego para ese artigo, ou non, pero o que pase con el non ten que ver co que pase neste :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2018 ás 19:23 (UTC)[responder]
Eu coido que é de aplicación WP:TITORG. --Norrin (Fálame) 26 de xullo de 2018 ás 10:24 (UTC)[responder]

Grazas, Norrin! Mágoa que haxa diferentes tratamentos para a mesma organización segundo se trate a de homes ou a de mulleres. Probablemente a tradución da ATP non arrancou da propia asociación deportiva, senón dos xornalistas. Pero, sexa como fose, non aplicaron o mesmo criterio para a WTA, o que resulta ao fin unha discriminación porque non a achega ao público do mesmo xeito que si o fai coa outra. Na miña opinión, neste tema vexo unha certa actitude machista. En fin, a ver se algún xornalista decátase e comeza a empregar tamén a fórmula traducida ou, polo menos, chama a atención sobre este aspecto. Un saúdo!--Castelao (conversa) 26 de xullo de 2018 ás 18:31 (UTC)[responder]