Conversa:William Shakespeare

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Falar de "falta de rigor" ou de "falta de orixinalidade" no contexto da literatura do s.XVI-XVII é incorrecto. Efectivamente, hai numerosos anacronismos na obra de Shakespeare (o río Po que pasa por Verona, en "Os dous cabaleiros de Verona", a cita da Raiña Mab en "Romeo e Xulieta", a abraiante afirmaci´no de que hai "leóns" en As Ardenas en "Traballos de amor perdidos), pero estes anacronismos eran normais na época e a idea de verosimilitude e de fidelidade do texto non eran na época como agora. Canto á orixinalidade, o público da época non só non valoraba a orixinalidade, tal e como nós a concebimos desde o Romanticismo, de feito sentíase incómoda cando se lle ofrecía unha obra que trataba dun asunto non coñecido. Nas obras históricas de Shakespeare, en concreto, o que o autor e o seu público buscaban era facer un comentario filosófico sobre cuestións políticas (moitas veces actuais) ou formular unha tese patriótica e propagandista, como en "Enrique V" (Inglaterra achábase neses momentos nunha emerxencia militar nacional a grande escala).

Creo que o resto do artigo precisa de moito traballo, dunha listaxe detallada das obras de Shakespare, de comentarios críticos máis especializados, de referencias biográficas moito máis concretas. En realidade, a voz tal e como está non nos di nada que non saiba calquera lector.

Misha


E curioso que no esteas rexistrada correctamente (a xulgar polo alcume), pero tampouco atopo sentido común o que dis, xa que asemella dar a entender que sabes moito sobre deste autor, enton; porque en lugar de darlle as teclas para poñe-la misiba enriba exposta non has diches para crear una artigo como deus manda?. Pois eso parece que estas a reclamar. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:36, 15 xullo 2005 (UTC)

Modelo Shakespeare[editar a fonte]

Vendo que a Galipedia xa ten bastantes contidos relacionados coas obras de Shakespeare, talvez fose conveniente trasladar o modelo coas obras que ten a versión en inglés.[1] --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2019 ás 16:40 (UTC)[responder]