Conversa:Valedora do Pobo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desgaleguizar ou mover[editar a fonte]

Unha de dúas: cómpre engadir contidos xenéricos ou mover a Valedor do Pobo de Galicia. E, sexa como for, revisar os interwikis. --. HombreDHojalata.conversa 4 de agosto de 2015 ás 11:36 (UTC)[responder]

O valedor do pobo só pode ser de Galicia (DRAG: Alto comisionado do Parlamento de Galicia para defender os dereitos dos cidadáns nas súas relación coa Administración.). A solución non creo que pase por desgaleguizar esta entrada. --Atobar (conversa comigo) 4 de agosto de 2015 ás 11:45 (UTC)[responder]
Unha posibilidade sería crear defensor do pobo a maiores, cun hipervínculo a esta entrada valedor do pobo, para os aspectos xerais e compartidos a nivel internacional. --Atobar (conversa comigo) 4 de agosto de 2015 ás 11:50 (UTC)[responder]
Eu non o vexo tan claro, Valedor do Pobo é unha institución e o DRAG non pode cambiar ese nome, se mañá pasa a denominarse Defensor do Común ou Valedor do Pobo Galego p. ex. será esa a súa forma diga o que diga o DRAG e o mesmo pasa co español Defensor do Pobo, non se pode escoller Valedor do Pobo como forma normativa en lingua galega xa que en textos xurídicos ou oficiais sería complicado determinar a cal se refire (e non se podería empregar Valedor do Pobo Español xa que ese non é o nome da institución).--HacheDous=0 (conversa) 25 de maio de 2018 ás 19:49 (UTC)[responder]
  • Ola, HacheDous=0. DRAG só recoñece o Valedor do Pobo como o de Galicia. Copio; Alto comisionado do Parlamento de Galicia para defender os dereitos dos cidadáns nas súas relación coa Administración. O día que a Academcia cambie a definición ou amplíe as acepcións, deberemos tocalo aquí. Antes, só cabe seguir o seu criterio. E o seu criterio circunscríbeo a Galicia. --Atobar (conversa comigo) 25 de maio de 2018 ás 20:08 (UTC)[responder]
Pero unha cousa é Valedor do Pobo ou Defensor do Pobo é outra son os defensores do pobo ou valedores do pobo. A Academia o que fai é recoller un nome oficial (o que se constata pola utilización de maiúsculas iniciais). E non hai no DRAG referencias nin a valedor do pobo nin a defensor do pobo (como nome común). De feito no digalego procurando valedor o que aparece é: "Alto comisionado das cortes xerais de España, designado por elas. A súa misión é defender os dereitos dos cidadáns e supervisar a actividade da administración pública", é dicir o Defensor do Pobo (nome oficial[1], ningún dicionario ten validez legal para mudar o nome dunha institución) estatal é un valedor (forma que recolle ese dicionario)[2].--HacheDous=0 (conversa) 26 de maio de 2018 ás 07:42 (UTC)[responder]
No Cumio en defensor:"Defensor ou valedor do pobo: Nalgúns ordenamentos constitucionais, persoa que defende os dereitos do cidadán fronte aos abusos ou erros do poder público"--HacheDous=0 (conversa) 26 de maio de 2018 ás 07:55 (UTC)[responder]
E de feito en castelán oficialmente Valedor do Pobo é Valedor do Pobo[3] pero só dende 2002[4], antes a forma oficial en castelán era Valedor del Pueblo[5]. Aínda que a Xunta emprega na súa web a forma deturpada [6], e no DOG e no BOE aparecen en castelán as dúas xa que formalmente nunca se derrogou a lei 1984 de creación del Valedor del Pueblo (na súa forma en castelán) e segue en vigor, aínda que modificacións sucesivas en castelán establecesen a forma galega como oficial tamén en castelán, o que si cumpre a web en castelán do propio Valedor do Pobo--HacheDous=0 (conversa) 26 de maio de 2018 ás 08:30 (UTC)[responder]
  • Ola de novo. A cousa complícase (complícannola), está claro. Se fose doada, xa estaba resolta. Eu mesmo teño dúbidas, pois entendo que pode tratarse dun simple erro por omisión no propio DRAG, pero iso non me compete nin a min nin á Wikipedia. O feito certo é que en lingüística existe unha xerarquía nas fontes, na que para o caso do galego a Academia está no cumio da pirámide. Se no dicionario da Academia non limitasen o seu significado ao Valedor galego, a cousa tería un carácter global, e como tal habería que reflectilo aquí. Pero sucede que, hoxe, maio de 2018, non é así (mesmo poida, xa digo, que por despiste ou por erro da Academia), e polo tanto volvo insistir en que cómpre circunscribilo de forma prioritaria ao Valedor do Pobo do parlamento galego. O que si me parece acaído e recomendable é explicar, por exemplo en nota, apoiándose nun segundo e terceiro nivel de fontes, que para algúns dicionarios e documentación institucional ten carácter de equivalencia co Defensor do Pobo. --Atobar (conversa comigo) 26 de maio de 2018 ás 08:57 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valedor do Pobo de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 05:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Valedor do Pobo de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de novembro de 2019 ás 03:51 (UTC)[responder]