Conversa:Uz moura

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hola!. Aquí dase CORGO como un sinónimo de uz. Creo que é un erro. Certo que se citan dúas fontes, dos anos 2000 e 2004. A inexistencia dese termo como designación botánica é doada de comprobar. A primeira vez que aparece é na obra de Losada, Castro e Niño, Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Xunta de Galicia. 1992, como "CORGO. Erica australis L." Poden consultar s.v., corgo, no RILG en Dicionario de Dicionarios do ILG, con 39 entradas e é a única que recolle tal acepción. De aquí é moi posible que saltase ás obras (Gran Xerais e un léxico botánico) que se citan en apoio no seu artigo. Na miña opinión ese corgo é un erro por TORGO, ou mal ouvido ou mal escrito / transcrito na fonte ignorada de que se tomou. Coido que deber ser eliminado. A transmisión de termos errados ou caprichosos en galego desde unha fonte a outra en cadeas non recomprobadas é unha historia antiga (baste ler a crítica que Pensado Tomé fixo ao dicionario de Francisco J. Rodríguez na edición que fixera de la Iglesia en 1863), e ten levado a absurdos incluídos continuadamente. Este creo que é un deles. Saúdos - Montes—o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.240.227 (conversacontribucións) 11 de marzo de 2018 ás 10:20‎

Grazas polo comentario Montes, porén acabo de engadir a ligazón á obra "Termos esenciais de botánica", publicado en 2013 (corrixín o ano na ref. que estaba mal no artigo) e indica "uz vermella SIN. uz moura, corgo NC. Erica australis" polo tanto os nomes son correctos e están referenciados. Na Galipedia non se poden engadir "investigacións orixinais" tan só información que estea baseada en fontes de calidade. Se pode indicar fontes nas que se indique que "corgo" non é a Erica australis, poderemos modificar o artigo baseándonos nesa información.
Polo momento non puiden comprobar que o termo "facella" sexa relativo á mesma especie polo tanto puxen unha marca de "Cómpre referencia" para ese dato, pola noitiña comprobarei o Dicionario Gran Xerais, e de non atopar referencias, borrarei ese termo.
De novo, moitas grazas polo seu comentario, e se ten calquera dúbida sobre o tema, coméntea aquí e trataremos de buscar máis información para resolvela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 12:37 (UTC)[responder]