Conversa:Televisión de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

"O actual director xeral da TVG, Benigno Sánchez, anunciou que a finais de 2006 a TVG vai crear unha segunda canle pública". Se é certo que o tal dixo tal cousa (e independentemente de que soubese ou non que non o ía cumprir), debería indicarse a cita: cando e onde o dixo. Ler esta frase sen tal explicación fai pensar nun erro por "finais de 2007". Pedro --Lameiro 20:51, 10 xullo 2007 (UTC)

Cita retirada mentres non se dispoña de información sobre a orixe. Grazas. --Prevertgl 17:56, 11 xullo 2007 (UTC)
  • Xa volvín a pór a cita, e sinalo a fonte, aínda que ao final retrásase para o 2008. Mais de se producir, vai ser un bon punto para a lingua. --Xoán Carlos Fraga 21:58, 14 setembro 2007 (UTC)


  • En realidade Mamasunción non foi o primeiro que emitiu, xa que emitiu primeiro a cobertura do acto inaugural e a actuación do Balet Rei de Viana, o que xa non sei é se a primeira emisión foi realmente o 25 ou o 24, a data oficial foi o 25 pero non se retransmitiu a inauguración do 24 en directo?, eu acordome de ver os discursos pero non podo acordarme se eran gravados ou en directo.--André 17:48, 12 agosto 2007 (UTC)

Programación ¿contido enciclopédico?[editar a fonte]

Non vexo moito a programación como contido enciclopédico. Acho que cunha ligazón á web da TVG coa programación sería máis que suficiente. Ademáis, esa páxina sempre está actualizada, e revisar o artigo cada vez que muda a programación me parece un esforzo un pouco inútil.

O único motivo que se me ocorre para deixalo, é que artigos como Luar, Padre Casares, etc. sexan accesibles dende algún sitio (si non dificílmente alguén chegará a eles). Pero isto sempre se pode resolver poñendoos en Outros artigos, e si son moitos, mesmo creando unha páxina de Programas da TVG.

O dito, si a ninguén lle parece mal, nuns días cambio iso por unha ligazón á páxina da TVG. Miguel.lima 19:28, 28 maio 2008 (UTC)

  • Tal como está concordo en que non ten sentido enciclopédico e non se debe manter, caso diferente sería se houbese un apartado de programación ao estilo do artigo inglés da en:BBC One por exemplo.--Arco de Rayne 19:36, 28 maio 2008 (UTC)
A min non me parecía mal, pero optei por outra solución, ;) --Xabier Cid Conversa 20:15, 28 maio 2008 (UTC)
  • Eu reformularía a programación como fan noutro artigos (en:BBC One), como xa dixo Arco de Rayne. Tal e como está, supón un traballo extra de andar quitando programas que xa non se emiten e outros novos. Ademais as listas longas non acostuman quedar ben nun artigo enciclopédico (e moito menos a unha columna). Hai varios programas que xa non se emiten, e ademais, ir por xéneros como fan no artigo da BBC é moito máis comprensíbel. --Xoán Carlos Fraga 20:02, 12 de abril de 2010 (UTC)
  • A programación púxena a 4 columnas. Optei por manter a programación porque, de eliminarse, sería máis difícil acceder a algún artigos xa elaboradas referentes á programación. O ideal era ter seccións por temas, como fan na wiki inglesa coa BBC; iso é un apuntamento, por se a alguén lle interesa. Así pode valer. --Xoán Carlos Fraga 16:32, 9 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Televisión de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 18:02 (UTC)[Responder]