Conversa:Svenska hockeyligan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Boas!! Hai tres imaxes e un vídeo na sección de palmarés, mais actualmente o Djurgården IF e o Malmö IF (Malmö Redhawks) compiten na HockeyAllsvenskan, credes que se deberían eliminar o vídeo de Djurgården IF e a imaxe de Malmö IF? Djurgården IF é un histórico (de feito, é o equipo que máis veces gañou a competición e o mellor palmarés de Suecia -se non lembro mal-), polo que vexo máis lóxico deixalo, no caso de Malmö o único que ten dende o meu punto de vista é que o pavillón é un dos máis grandes do país xunto co Ericsson Globe e o Scandinavium (eu poría unha imaxe do segundo, fogar do Frölunda HC -que si compite na Elitserien- e que é o maior pavillón da categoría, xa que o Globe só se usa esporádicamente. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 15:24 (UTC)[responder]

Por mín non hai ningún problema. Adiante compañeiro. -- JonnyJonny (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 19:18 (UTC)[responder]