Conversa:Solidaridad Obrera (1920)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solicitada a eliminación rápida deste artigo porque atopei un artigo no que se manifesta que a fundación deste xornal coruñés foi en abril de 1920, polo que o título "Solidaridad Obrera (1921)" non ten sentido agora. Xa movín o artigo a Solidaridad Obrera (1920) e arranxei as ligazóns. Saúdos--Castelao (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 17:52 (UTC)[responder]

Castelao, se atopaches unha fonte que indica outra data de fundación tes que engadila ó artigo, se non haberá que movela ó título orixinal e poñer un cómpre referencia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]
Elisardojm, non se me ocurriría pedir a eliminación deste artigo sen referenciar o cambio. Xa está posto no novo artigo. Vexo que hai moito lío cos xornais chamados Solidaridad Obrera neses anos e estou tentando poñer un pouco de orde. Grazas e un saúdo--Castelao (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 18:25 (UTC)[responder]
Perdoa Castelao, non vira a referencia, esperaba atopala ó comezo do artigo. Porén teño unha dúbida, esa fonte di que é o xornal da cidade, esa cidade é Lugo, pero o artigo é dun xornal da Coruña, seguro que é o mesmo xornal? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 18:32 (UTC)[responder]
Si, Elisardojm, está a falar da Coruña. A nova está dentro do bloque dedicado a esta cidade, que comeza na columna anterior baixo o título «De Galicia». En Lugo non chegou a editarse esta publicación. Parece que só existiu na Coruña, en Vigo e, seica, en Santiago. O caso de Santiago é posible que estea relacionado coa publicación na Coruña, polo que pode ser a mesma. En canto á de Vigo, nestes momentos teño a dúbida de se comezou a publicarse en 1919 ou xa en 1920. Non sei que fontes empregou Xas para poñer na páxina de homónimos (edición de 21/07/2013) desta publicación que a edición viguesa deu comezo en 1919 e rematou en 1920 (por favor, Xas, se tes a posibilidade de mirar de onde o sacaches, prégoche que o poñas por aquí para empregalo no desenvolvemento do artigo cando se precise facelo). Segundo unha nova publicada en El Pueblo Gallego de anos despois (do 05/08/1928 e do 06/10/1935), a fundación deste xornal vigués data de 1920 baixo a dirección de José Villaverde Velo. Outra referencia di que foi publicado en Vigo entre 1920 e 1922, pero esta mesma fonte non menciona a publicación nestes anos do xornal coruñés. Así que hai dúas posibilidades: ou ben Villaverde fundou ao mesmo tempo os xornais en Vigo e na Coruña e desenvolvéronse durante o mesmo período de tempo, ou ben é o mesmo xornal cunha distribución común. Como eu non teño acceso a estes xornais (nin físicos nin dixitais), non podo confirmar unha cousa nin a outra. Deste xeito, deixo todo tal e como está agora mesmo, ata non repensar todo de novo. Un saúdo!--Castelao (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 19:50 (UTC)[responder]