Conversa:Serra do Pisco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta serra aparece como galego no libro As montañas de Galiza, pero estou vendo que moitas fontes a dan só como portuguesa. Alguén que deite luz sobre o asunto? --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2016 ás 11:05 (UTC)[responder]

A serra do Pisco abrangue parte do concello de Muíños:[1]--HacheDous=0 (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 11:13 (UTC)[responder]
Segundo o artigo a serra do Pisco está no distrito da Guarda, que non limita con Galicia. A wikipedia en portugués concreta máis e di que está no concello de Trancoso, bastante lonxe de Muíños, polo que parece que non encaixa moito. Non serán dúas serras diferentes co mesmo nome?--Jglamela (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 11:46 (UTC)[responder]
Pois entón ten que ser un caso de homonimia, pola distancia é imposible que sexan a mesma serra.--HacheDous=0 (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 12:08 (UTC)[responder]
Entón hai que reformular o artigo, para facelo con contido da serra portuguesa ou da galega.--HacheDous=0 (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 12:09 (UTC)[responder]
Eu xa non teño o libro citado, co cal pouco podo achegar (referenciado). Se alguén ten documentos á man, que se anime a reformular o artigo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2016 ás 12:12 (UTC)[responder]
Mentres non apareza un editor que o modifique con referencias engadinlle un marcador de atención.--HacheDous=0 (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 12:18 (UTC)[responder]