Conversa:Sedimentos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como é a política dos plurais? Non era soamente cos pobos (godos, sumerios...)? --Atobar (conversa comigo) 14:02, 5 abril 2010 (UTC)

Vaia, síntoo se fixen algo mal, non adoito contribuir na wikipedia. Creei a páxina para que redirixira cara a "Sedimento", porque pareceume que ao buscar "sedimentos" non daba resultado ningún. Agradeceríacho se me aclarases como vai a cousa :P Es carva

  • Pois espero un momentiño, que eu tampouco o teño tan claro. A ver se o atopo nas políticas ou outro editor nos responde. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:07, 5 abril 2010 (UTC)
Eu véxoo como Es carva, moitos usuarios ligan cos plurais dos artigos e inclúen así unha ligazón vermella que se pode arranxar cunha redirección que leve ao singular. O mesmo pasa coas procuras. --Toliño Fala aquí comigo 14:10, 5 abril 2010 (UTC)
Igual ando enganado, pero sóame que algo xa se dixo ao respecto e que os plurais quedaban reservados a pobos e non sei se a algo máis. Outramente, non tería rigor esta frase Igualmente, se realizas a ligazón á palabra proteínas en plural non levará á páxina proteína porque os títulos van en singular.[1]. --Atobar (conversa comigo) 14:15, 5 abril 2010 (UTC)
O problema que se nos presenta é que os usuarios menos experimentados seguirán ligando cos plurais por descoñecemento, inzando de ligazóns (aparentemente) en vermello cando existe un artigo sobre o tema mais co título en singular. O labor de arranxar iso cun bot é moi difícil (coido), sen contar que alguén se faga cargo constantemente, e case impensable ilas cambiando todas a man. Na Wikipedia en inglés, por exemplo, todos os plurais redirixen cara ao singular. Na Galipedia semella que temos unha reticencia a elas, evitándoas canto poidamos. Explico isto último: ás veces borramos redireccións (falo daquelas correctas, non daqueloutras que son dun termo incorrecto ao correcto) que quizais poidan ser útiles no futuro e que arestora parece que non se empregan. --Toliño Fala aquí comigo 14:24, 5 abril 2010 (UTC)
Síntoo moito, efectivamente estaba a me basear na wiki inglesa e pensei que sería máis ou menos a mesma cousa :S Es carva
(Isto foi á par que Atobar): Non, a ver, eu non estou botando unha reprimenda a ninguén, non te tes que desculpar. Simplemente estou abrindo un debate que sobre un tema que non está claro e cómpre clarificar, como outros moitos que aínda están no aire. --Toliño Fala aquí comigo 14:32, 5 abril 2010 (UTC)
  • Descoida, Es carva, ninguén nace aprendido. Por min non hai problema en comezarmos a facer redireccións desde os plurais. Non sei por que razón concreta até o de agora non os fixemos; igual é unha política que vén de vello e que quedou desfasada, descoñézoo. Insisto, por min dámoslle aos plurais, pero como é un tema de calado, coido que se cadra sería bo discutilo con máis editores (sobre todo os activos) antes de lle meter man ao asunto. --Atobar (conversa comigo) 14:31, 5 abril 2010 (UTC)
  • Pois agardemos a que aparezan máis opinións. Eu xa dei a miña postura nisto ;P. --Toliño Fala aquí comigo 14:33, 5 abril 2010 (UTC)
  • Podo entender que se rompan ou se cambien as normas cando se comproba que foron un erro, cando outra alternativa é máis útil o axuda máis pero ¿cambia-las normas porque alguén se pode equivocar ligando un plural, ou porque alguén non atope información por buscar un plural? Non lle vexo sentido ningún, a verdade. Os usuarios temos que sabe-las reglas para as ligazóns internas, e que deben dirixir a unha entrada en singular: se alguén non o fai así é que o está facendo mal e debe corrixirse ese erro, non a regra. Se alguén busca un plural é que non sabe como funciona unha enciclopedia, non é culpa nosa. Pensade ademais no traballiño que isto supón e que, por coherencia, tamén habería que admitir femininos (e femininos plurais). Excesivo traballo para corrixir un erro. Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 5 abril 2010 (UTC)
Pois tamén é verdade. --Atobar (conversa comigo) 21:01, 5 abril 2010 (UTC)
  • Traballiño vai dar todo, pero tamén para iso estamos aquí. Pero postos a escoller, máis inútil parece darse o traballo de prever os erros/ligazóns vermellas que o caritativo traballo de corrixir ao que erra. --Xoacas(góstache o pemento?) 21:28, 5 abril 2010 (UTC)
Eu tamén diría que si (mantendo ou copiando o contido da páxina de conversa) --Atobar (conversa comigo) 21:35, 6 abril 2010 (UTC)