Conversa:Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

-Síntoo, pero o pintor Urbano Lugrís (polo cal teño unha especial devoción) non naceu en

    Sada nin viviu nunca nela (naceu na Coruña e morreu en Vigo), pese a ser o fillo de Manuel 
    Lugrís Freire.
    M. Pérez Lorenzo

Peronaxes[editar a fonte]

Non comprendo o motivo que induciu a un anónimo a incluír entre as personaxes relevantes de Sada á actriz de telenovelas Ana Turpín e retirar aos xornalistas Montes Rouco, Castro Arias e Freire-Calvelo. Deixo a A. Turpín, pero repoño aos anteriores. Agardo algunha explicación. Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

Comarca das Mariñas[editar a fonte]

A frase "Pertence xeográfica e culturalmente á Comarca das Mariñas, aínda que oficialmente, por un erro inexplicable, á da Coruña" resultoume moi chocante ao lela, non entendo o seu sentido nin a que se refire. Por unha banda até onde eu sei, comarca das Mariñas e comarca da Coruña son dous nomes empregados para designar case que o mesmo ámbito:

  • a comarca da Coruña é o nome oficial que aparece no mapa comarcal da Xunta de Galicia. Pretende designar unha comarca metropolitana que inclúa o territorio que na actualidade ten a máis intensa vinculación urbanística coa cidade da Coruña.
  • a comarca das Mariñas entendo que designa máis ou menos o mesmo territorio, aínda que non é un nome recollido na división comarcal da Xunta. Por exemplo, a asociación Terra das Mariñas inclúe tódolos concellos da comarca da Coruña exceptuando o concello da Coruña por "carecer de zona rural". Por outra banda o Consorcio As Mariñas é outra asociación de prestación de servizos que ademais dos concellos de Terra das Mariñas, inclúe tamén ao concello de Betanzos.

Non entendo en que punto nin de que xeito cometeuse ese "erro inexplicable" que se menciona no artigo. Até que non se aclare este punto cambiarei esa frase por outra máis neutra xa que de tódolos xeitos a wikipedia non debe expresar opinións senón realidades contrastables. --Caronium 14:55, 14 maio 2008 (UTC)


OS FENICIOS EN SADA[editar a fonte]

Non existen evidencias constatables cientificamente que acrediten a existencia dun asentamento fenicio en Sada. Trátanse de meras elucubracións procedentes da historiografía romántica, que consideraba que o topónimo Sada podería proceder do fenicio "saida", o que non deixa de ser un posible sen máis importancia. A canteira do Quenlle non está datada nin foi nunca estudada, polo que non se pode afirmar que a súa orixe fose fenicia. Por outra banda, non hai evidencias hoxe demostrables de que existise un poboamento no lugar que hoxe ocupa a vila de Sada ata Plena Idade Media, cando comezan a aparecer referencias escritas. Polo tanto, atribuír a fundación da vila de Sada aos fenicios non deixa de ser unha afirmación peregrina que, xa que logo, retirei do artigo. A presenza de fenicios pode ser unha hipótese, pero nada máis.

Vítimas da represión franquista[editar a fonte]

Teño serias dudas da pertinencia de poñer un apartado adicado ás vítimas da represión franquista neste artigo, xa que nin sequera se poñen persoeiros da localidade. Para min o ideal sería facer un artigo sobre a represión franquista en Galiza no que se expuxera en qué consistiu e logo un artigo principal sobre as vítimas e desaparecidos na Guerra Civil e na represión franquista no que se puxeran todas as vítimas por concello. Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 12:48 (UTC)

Mira que eu non estou en contra das listas, que iso vaia por diante :), pero simplemente unha lista de vítimas (persoeiros ou non), iso pode ser un artigo da Galipedia? Para min non o sería, penso que facer esa lista non está dentro do alcance dunha enciclopedia, para consultar esa información xa hai páxinas en Internet, e poderían poñerse como ligazóns externas, pero iso non pode constituír un artigo.
A sección de persoeiros hai que quitala, decidiuse fai tempo que esas seccións non tiñan senso nos artigos dos concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 17:30 (UTC)