Conversa:Revista Gallega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cousas na bibliografía[editar a fonte]

Na bibliografía hai algunhas cousas raras que non me cadran, nun sitio pon "GEG (vol.) =" e logo a ligazón á GEG, para min que sobra ese "GEG (vol.) =", non?

Logo noutro sitio pon "DLG = Vilavedra, Dolores (coord.), vid.", que é iso de DLG? é correcto?

Despois noutro lado ten "Carballo Calero, Ricardo (19752)", que fai ese dous aí? Non hai ningunha nota que explique nada, penso que ou hai que quitalo ou hai que poñer a nota axeitada. HombreDHojalata, ti sabes se todo iso está correcto ou hai que amañar algo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]

O "GEG" e o "DLG" son a aclaración das abreviaturas que emprega ao longo das notas, quere dicir que cada vez que o redactor puxo "GEG" ou "DLG" debe lerse Gran Enciclopedia Galega... e o Diccionario da literatura galega coordinado pola señora Vilavedra. Deste último: cando pon DLG II (1997) é o tomo adicado as publicacións periódicas, cando pon DLG IV (2004) é o tomo adicado a termos e institucións literarias.
O "vol" significa que en cada caso cita a un tomo (volume) determinado da GEG, en concreto, ao longo das notas cita tres volumes: o 8 (VIII), o 12 (XII) e o 38 (XXXVIII).
O "2" no Carvallo Calero significa que se está a falar da segunda edición (a primeira é de 1963). A segunda edición, de 1975, é mellor que a primeira (corrixida e aumentada polo propio Carballo Calero).
Eu, na casa, teño a GEGen DVD. Dos dicionarios de Vilavedra teño dous: os tomos I (autores) e II (publicacións periódicas). E da Historia... de Carballo Calero teño xusto esa edición, a 2ª, do ano 1975, así que calquera cousa, pregunta. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2016 ás 21:25 (UTC)[responder]
Engadín o título á abreviatura de DLG que faltaba, o caso é que agora na bibliografía o libro "Diccionario da literatura galega" aparece 3 veces, penso que debería cambiarse para que só estivera dúas veces. O do ano 19752, tal e como está no artigo penso que non se entende, creo que habería que poñer algo do estilo "(segunda edición de 1975)" ou (1975, segunda edición). E agora atopei outra cousa que non sei se está ben, no libro "La gran revista del regionalismo coruñés", ó final pon "A Coruña, 2.", ese dous, quere dicir algo ou é un cazapo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 17:22 (UTC)[responder]
Penso que quedou máis claro cunha minisección aclaratoria de abreviaturas e a aplicación dos nosos modelos {{cita libro}} etc. Non hai motivo para pensar que o "2" sexa un cazapo, pode ser o número de páxina, en calquera caso é información útil para quen vaia a buscar esa publicación a unha hemeroteca. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2016 ás 22:13 (UTC)[responder]
Vale. O do 2, se é o número de páxina debería indicarse, así como está non vale para moito porque non se sabe a que se refire. Se non se pode confirmar que é a páxina eu penso que o mellor sería quitalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 22:18 (UTC)[responder]

E..., HombreDHojalata, e xa que tes o Diccionario da literatura galega das publicacións periódicas, non poderías mirar se ten algunha información máis para engadir ó artigo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 22:31 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, a nota 10 das referencias da unha lista de mulleres que escribiron na revista, pero non é realmente unha referencia. Ti que coñeces máis o artigo, sabes que referencia se podería usar para esa información? E outra cousa, esa nota, redactada dunha forma que tivese menos forma de "lista" podería pasarse ó texto, e xunto coa parte que hai no artigo dos outros autores, podería meterse nunha nova sección de "Colaboradores". Así mataríamos dous paxaros dun tiro, ampliamos o tamaño do artigo e reducimos un chisco as referencias, que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2016 ás 13:48 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Revista Gallega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 01:00 (UTC)[responder]