Conversa:Referencias históricas non cristiás sobre Xesús de Nazaret

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Con que significado utilizas "achega" en diversas partes deste texto? Sóame raro. Achegar ten significados relacionados con aproximación, acercamento ou con aportación, contribución (DRAG). Por exemplo aparece na sección de Flavio Josefo en: "...anunciaran este e mil outros feitos marabillosos achega del.", e despois un pouco máis abaixo "...ás anteriores proxeccións feitas por eruditos achega do que Xosefo escribiría orixinalmente." No capítulo final aparece tamén: "...Non se atoparon máis referencias históricas relevantes de procedencia non cristiá achega de Xesús do século I..." Para min que nesas frases achega podía substituírse por sobre (DRAG).--Miguelferig (conversa) 18 de abril de 2014 ás 19:45 (UTC)[responder]