Conversa:Provincia de Mondoñedo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Neste caso, non sería mellor titular o artigo 'Antiga provincia de Mondoñedo' ou algo semellante? Así evitaríase que se puidesen confundir coas provincias actuais. O mesmo se faría coas outras antigas provincias. Que pensades vós? --Servando2 17:10, 8 maio 2007 (UTC)

  • Eu penso que non. Está claro ao ler o artigo que esa provincia non existe máis. Se non, habería que pór "Antiga Gallaecia", "Antiga Checoslovaquia", etc. simplemente porque non existen máis en vez de Gallaecia e Checoslovaquia. --Xosé (✉) 17:19, 8 maio 2007 (UTC)
  • Eu concordo con Servando2, dende a óptica de alguén alleo a actual división provincial podería dar lugar a erro xa que o topónimo Gallaecia como o de Checoeslovaquia caeu en desuso, administrativo claro, e no caso de Mondoñedo non xa que algo similar podería pasar cando se falase das dióceses galegas un artigo da antiga diócese de Iria Flavia podería dar lugar a erros de interpretación e se se especificase no título xa se diferenciaría das actuais. Lansbricae (Ti dirás) 17:33, 8 maio 2007 (UTC)
  • Que vos parece chamarlle Provincia histórica de Mondoñedo? --Prevert(talk) 09:17, 10 maio 2007 (UTC)