Conversa:Portugalicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

É posible que esto sexa un hoax? O artigo foi creado en tódalas wikipedias polo mesmo usuario, fala de algo inexistente e non dá ningunha referencia, ademais de realizar invencións a maiores como unha suposta bandeira de "Portugaliza". Para min é un artigo de borrado rápido. Opinións? Alberte Si, dígame? 15:20, 20 abril 2009 (UTC)

Vou tentar regulalo de xeito que fale da revista Portugaliza. Un momentiño.--Atobar (conversa comigo) 15:22, 20 abril 2009 (UTC)
Creo que é mellor borra-lo artigo, e logo crealo da revista, xa que do outro xeito esta edición pouco rigurosa -ou invención- quedaría no historial. Alberte Si, dígame? 15:25, 20 abril 2009 (UTC)

Feito! Feito!. Deixámolo así?--Atobar (conversa comigo) 15:27, 20 abril 2009 (UTC) En calquera caso o artigo debera ser Portugaliza e non Portugalicia. Esa redirección está de máis. Cómpre movelo.--Atobar (conversa comigo) 15:28, 20 abril 2009 (UTC)

Copia o teu texto. Vou borra-lo artigo, en canto o borre, podes crealo co mesmo texto. Así o artigo falso desaparece do historial. Alberte Si, dígame? 15:30, 20 abril 2009 (UTC)