Conversa:Portimão, Portimão

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome do artigo[editar a fonte]

Quizais fora mellor cambiar o nome do atigo polo de Portimão (freguesía), dado que as Freguesías de Portugal son subdivisións administrativas dos municipios ("parroquias civís"), e non parroquias eclesiásticas, como as de Galicia como, por exemplo, a de Sada, Sada. --XoioÉche o que hai 26 de setembro de 2019 ás 20:38 (UTC)[responder]

Non acabo de entender a proposta. Tes explicado o cirterio na Política de toponimia da Galipedia. É correcto o que indicas, pero non vexo necesidade de cambiarlle o título a este artigo. Dado que son divisións que teñen un paralelismo, semella máis coherente manter o modelo : "parroquia+ coma+ concello" para Portugal tamén, xa que dá unha referencia directa na primeira ollada. Cos parénteses desfaise a homonimia si, pero retira a referencia ao concello dentro do título. Tendo en conta que falamos de milleiros de parroquias (se a miña consulta en Wikidata está correcta) para Portugal, creo que clasifica de xeito máis práctico (hai que ter en conta a orde alfabética) o sistema que temos para as parroquias civís galegas que poñerlle (Freguesía). Ademáis está o risco de ter dúas freguesías co mesmo nome situadas en dous concellos diferentes, caso no que o modelo (Freguesía) non nos axudaría moito

En canto á confusión de parroquia civil por eclesiástica penso que se podería explicitar no corpo do propio artigo se se ve necesario. Outra cousa sería a conveniencia ou non de separar este tema ( f. eclesiásticas/civís) nas categorías, cousa que sería mellor falala na conversa da categoría e/ou na Taberna. Con todo, se segue vixente o que di esta conversa habería que revisalas todas. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 27 de setembro de 2019 ás 11:06 (UTC)[responder]