Conversa:Planta vascular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Propoño que se considere a conveniencia de cambir o termo traqueófitas (s.f.pl) por traqueófitos (s.m.pl.) por ser esta a adaptación adecuada do latín citífico Tracheophyta, que se ben procede da forma tracheo-, do gergo τραχεĩα tracheĩa, feminino de τραχύς trachýs 'áspero', de onde deriva 'traquea' (en referencia ás traqueidas, especializadas para o transporte de líquidos dentro da planta), non é correcto que tamén derive de phyta, senón do elemento -phyta, forma latinizada plural derivada do grego ϕυτόν phytón, 'planta', que é masculino.
Por outra parte, a acentuación é correcta, xa que o y e breve e, polo tanto, o acento recae no o do elemento traqueo-, e non *traqueofitas, como se observa adoito (e noutros temlos formados con esdte segundo compoñente, como *cormofitos, *espermatofitas, etc.--XoioÉche o que hai 14:05, 22 de setembro de 2011 (UTC)

  • Otro tanto cabe dicir de cormófitas. --'XoioÉche o que hai 14:44, 22 de setembro de 2011 (UTC)
    • Non podo discutir os teus argumentos etimolóxicos pero supoño que serían aplicables a tódolos taxóns rematados en -fitos/-fitas. Ben. Mirando no VOLGa temos 7 taxóns en feminino plural (briófitas, espermatófitas, esquizófitas, protófitas, pteridófitas, talófitas, xerófitas) e 1 en masculino plural (zoófitos). Esta desproporción faime pensar que probablemente sexa preferible a escolla feminina. Pedro --Lameiro (conversa) 19:00, 22 de setembro de 2011 (UTC)
      • Máis: no futuro dicionario da RAG non vén traqueófitas/traqueófitos, pero si cormófitas, f. pl. Veñen bastantes máis exemplos rematados en -fitas e só algún caso -fitos. Ratifícome na maior probabilidade de traqueófitas f. pl. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 22 de setembro de 2011 (UTC)
  • Eu de plantas non che vos entendo, só dicir que Xoio leva razón en canto que a adaptación "normal" do grego ϕυτόν debía ser -fito en masculino (en grego a palabra é neutra, non masculina). O problema vén dado, creo, polo feito de que o plural grego desta palabra é -φυτά, que ao rematar en -a, semella un feminino singular, cousa que deu lugar tamén a varios resultados en galego, como o latín votum, plural vota deu voda plural vodas (cf. Manuel Ferreiro, Gramática histórica galeaga. p. 225). De todas formas, en castelán tamén vexo formas como briófitos, como aquí --Servando2 (Dime) 14:38, 3 de outubro de 2011 (UTC)
  • Na fixación das palabras non todo depende da etimoloxía senón tamén do uso. Etimoloxicamente a palabra é masculina pero o uso máis tradicional (en castelán e nos dicionarios galegos) é poñelas en feminino influídos, como di Servando, pola terminación en a, e en que a palabra planta é feminina. O mesmo pasa con bacterium que debería ser bacterio, pero como se usaba máis o plural bacteria quedou bacteria, ou mitochondrion que debería ser mitocondrio, e moitas máis. Ultimamente estase a introducir briófitos, etc., pero segue sendo o máis usado briófitas. En castelán o dicionario da Academia (eu teño o de 1992) como nome di briofitas (feminino e sen acento) e como adxectivo briofito/a. O feito é que as palabras científicas xeralmente foron introducidas con urxencia nas linguas modernas (en canto se descubriu algo novo e se inventou un termo, xeralmente grecolatino), e non se fixo un estudo lingüístico da palabra antes de introducila, e os científicos, que son os que as introducen, tampouco saben tanto latín e grego. Despois, cóllese o costume de dicilas dunha determinada maneira e é moi difícil mudar a situación. --Miguelferig (conversa) 11:09, 25 de agosto de 2012 (UTC)

Estela[editar a fonte]

Cambiei "ronsel" por "estela". Neste caso estela vén do grego stele que significa columna, referíndose ao cilindro vascular, que é como unha columna no interior do eixe da planta. Tamén hai estelas escultóricas ou con inscricións (estelas funerarias, estela de Hammurabi, etc.). O termo non ten nada que ver con aestuarium > estela (en castelán), esteira (en galego; sinónimo ronsel).--Miguelferig (conversa) 10:48, 25 de agosto de 2012 (UTC)