Conversa:Pirazina
PiraZina[editar a fonte]
A sílaba zi non é normal en galego, xa que o lóxico sería ci. Pero téñase en conta que a IUPAC usa a raíz az para certos compostos que conteñen nitroxeno (tamén chamado azote, DRAG), e para manter esa raíz ás veces aparece a sílaba zi. Non hai problema cos compostos azo, pero tamén hai pirazinas, piridazinas, azidas, isoaloxazinas (non confundir con outras terminacións -cinas con outra etimoloxía, como en citocina), etc. Polo momento penso que se debe manter o Z nestes termos, polo menos ata que o DRAG trate esta terminoloxía e dea unha solución definitiva. Puxen unha redirección con "piracina".--Miguelferig (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 20:28 (UTC)
- Non debería haber problema con esa forma zi. O DRAG admite desde sempre moitas voces que comezan con ela ou a conteñen (zinc, zigzag, enzima, nazi, etc. etc.). Pedro --Lameiro (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 23:10 (UTC)
- Pois mellor se non hai problema. Pero antes no DRAG non se admitían os zi, mesmo a palabra "enzima" foi incluída moi recentemente, e seguen poñendo a definición en "encima".--Miguelferig (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 11:01 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pirazina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20071011111125/http://ptcl.chem.ox.ac.uk/MSDS/PY/pyrazine.html á ligazón http://ptcl.chem.ox.ac.uk/MSDS/PY/pyrazine.html
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 08:09 (UTC)