Conversa:Pirámide curvada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Afirmacións falsas e falta de rigor enciclopédico. --Lansbriga 10:58, 28 xuño 2009 (UTC)

Cales? Está traducido do comezo do artigo destacado de hai un par de días da wiki española, como se indica no historial de edición. Por favor, especifica a que te refires, Lansbriga.Un saúdo.

Falta de rigor enciclopédico:

1- A elección do título. Utilízase o nome menos utilizado, case residual. O mais obxectivo sería darlle o nome de Pirámide sur de Dashur ou o nome co que é nombrada na maioría da literatura exiptolóxica: Pirámide romboidal, ou incluso o nome dado polos propios exipcios: "A pirámide brilante meridional", "pirámide de doble pendente"... Isto pode comprobarse fácilmente procurando fontes exiptolóxicas na rede, non fontes de exiptomanía que son moi abondosas na web.

2- A definición como "monumento funerario" é unha simplificación acientífica, o "complexo piramidal" do que formaría parte é o que podería ser considerado monumento funerario, pero a falta de morto trátase dunha mera especulación. Debe terse en conta tamén a relixión do Antigo Exipto para entender o significado de estos monumentos e a súa significación. Ademais, neste caso se se tratase dun simple monumento funerario porque Snefru mandou construir 3 pirámides (que se coñeza)?

3- Consideralo un mausoleo é algo que non ten cabida. A orixe da palabra mesma é posterior no tempo ó monumento, Mausolo aínda non nacera.

4- "Estímase que a súa forma particular é unha tentativa errada de pirámide de caras lisas". Esta é a teoría tradicional. Na actualidade na comunidade científica ten igual ou maior peso a teoría dunha procura inicial de esta forma. Optar por unha teoría, sen que sexa a maioritaria non é moi enciclopédico.

5- Jufu coñecido comunmente como Queops. O uso de "comunmente" semella ambiguo de mais para unha enciclopedia. Khufu é a trasliteración do nome exipcio, Queops é a trasliteración desde o nome grego. Nas culturas que teñan orixes grecolatinas pode que fose o uso mais comun en tempos, nas que teñan outras orixes xa é mais difícil. Na actualidade a tendencia da comunidade científica é a do respeto ó nome exipcio e a súa trasliteración ás linguas modernas sen pasar polo aporte grego.

6- "Entre as súas características resalta o feito de que unha das súas dúas entradas non está situada sobre a fachada setentrional, feito único no Imperio Antigo". É unha afirmación tan absoluta que require boas referencias, tendo en conta que ata os nosos tempos chegaron unha cantidade limitada de pirámides e algunhas en ruina case total, que seguen a descubrirse novas pirámides, e que non todas foron estudadas coa mesma profundidade.

7- O mesmo para "a pirámide mellor conservada", afirmación absoluta de mais.

8- De novo o mesmo para "O complexo funerario revela vestixios dun impoñente templo cuxa rica ornamentación o distingue dos outros monumentos da cuarta dinastía.". Mire para o complexo de Khafra e o seu Templo do Val, a Esfinxe....

Conclusión: Se ben a fonte deste artigo é o artigo da wiki es, éste último é tradución da wiki fr onde faltan algunhas das afirmacións do artigo en castelán. Outras afirmacións absolutas si se inclúen pero tamén sen referencia algunha. Cordialmente --Lansbriga 11:39, 6 xullo 2009 (UTC)

[1]; [2]...

  • Lansbriga, alédome de ter un afeccionado á exiptoloxía entre nós. Eu, como viches, non sei nadiña do tema e me limitei a crear un artigo confiando en que se estaba de destacado na wiki española cando menos había ter uns criterios básicos aceptábeis. Pero xa vexo que non é así. Afóutote a que te poñas ao choio co artigo e a ver se o aquelas o xeito, que sería unha marabilla ter bos artigos no tocante ao antigo Exitpo. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras. --Atobar (conversa comigo) 22:06, 6 xullo 2009 (UTC)
RE: Paréceme moi ben, grazas por afóutarme (é así?), pero non podo actuar como editor nesta wikipedia, só como leutor. Saúdos. --Lansbriga 20:11, 19 xullo 2009 (UTC)
E logo?--Hugo22 20:17, 19 xullo 2009 (UTC).
Ola Hugo22, non creo que sexa cuestión de tempo. Saúdos. --Lansbriga 20:30, 19 xullo 2009 (UTC)
  • O E logo en galego quere dicir é por que razón, a que se debe, como é iso?. Coa túa resposta ao respecto, Lansbriga, xa nos respondeches: imaxino que non es galego e que esa é a razón de que non te animes a editares connosco. Bueno, a ver se no futuro pode ser. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:15, 19 xullo 2009 (UTC)
:-) Non é falta de entendemento do idioma. A cuestión pode estar na diferenza entre bloqueos e autobloqueos, medidas sancionadoras finais, etc... O meu país de orixe segue a ser Galicia, non son un apátrida, simplemente son un usuario imposible na Galipedia. Da túa resposta saco eu tamén a presunción de que sabes a causa. Xa me respondeches tamén. O futuro...  :-) Saúdos. --Lansbriga 08:30, 20 xullo 2009 (UTC)