Saltar ao contido

Conversa:Phasianus colchicus colchicus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Esta páxina, e maila parella de Phasianus colchicus torquatus, deberían eliminarse ou redireccionarse (¡lembrade a vella discusión sobre os nomes científicos como entrada dos artigos!). Xa temos faisán común, onde se describen perfectamente as dúas variedades. Pedro --Lameiro 17:05, 23 xullo 2007 (UTC)

Ola, Pedro. Eu fun o creador (creo) destas dúas páxinas. Por que cres que deberían eliminarse?--Xabier Cid 18:35, 23 xullo 2007 (UTC)

Propoño borrar (ou redireccionar, insisto) estas dúas páxinas porque xa temos faisán común. Nesta entrada descríbese suficientemente a ave e as dúas variedades, e nas páxinas torquatus e colchicus non se engade nada novo (nin lle vexo forma de facelo como non sexa retirando material daquela). Outra cousa sería se prospera a miña tese de darlle entrada ós nomes científicos, sexa como entrada principal, sexa como redirección ó artigo correspondente co nome común. Pedro --Lameiro 18:57, 23 xullo 2007 (UTC)

Son dúas cousas distintas das que estás a falar. Por unha, titular os artigos dos seres vivos polo seu nome científico ou entralos polo nome común ou en galego. A outra, saber se as subespecies deben de ter artigos de seu ou non. Eu vou pasar do primeiro debate, porque creo que non afecta demasiado a este caso, e centrareime no segundo.
Se me preguntases se unha subespecie debería ter artigo de seu, eu responderíache que si. De feito, temos casos de artigos (e non só os que iniciei eu) sobre razas de animais, que é un grao inferior á subespecie. Outra caso é se deberiamos incluír estes dous artigos concretos porque, tes ti boa razón, apenas achegan nada máis cás fotografías, as dúas iso si propias da Galipedia. Neste segundo caso, como iniciador no seu momento dos dous, diríache que agora mesmo, co que sei da Galipedia, non os crearía. Pero tamén creo que, independentemente de que eu fose o primeiro en botalos a andar, deberían manterse pra que alguén os expandise como cómpre. Temos moitos, desgrazadamente moitos artigos onde apenas se achega información. O do porco, por exemplo, é significativo. Pero creo que non por iso debemos eliminalos se cremos que ocupan unha posición no esquema. Que hai outras prioridades? Abofé! Pero suxiro que expandamos eses (e outros millenta artigos) para xustificar a súa existencia e non borremos o que, arriscada ou razonadamente, se creou no seu momento e non é erróneo nin incorrecto. --Xabier Cid 21:35, 23 xullo 2007 (UTC)