Conversa:Phaeothamniophyceae

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

-ófitas[editar a fonte]

O DRAG considera que estas palabras son esdrúxulas e acabadas en fitas (non en fitos). Ver por exemplo, espermatófitas, pteridófitas, briófitas etc. En realidade isto é discutible, xa que proceden dun singular phyton, que debería dar fito, aínda que o plural é phyta. De todos os xeitos, o que sanciona o DRAG como correcto é -ófitas.--Miguelferig (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 17:56 (UTC)[responder]

  • Grazas polo apuntamento porque teño dubidado (co til en particular). Estou intentando acabar as clases das heterocontófitas. De primeiras venme á mente p.ex "crisófitos": usámolo de cando en cando no laboratorio pero na escrita miramos de deixalo co -ófitas. Con outras como "Phaeothamniophyceae‎", son tan recente a proposta da clases que aínda non se ven na literatura "adaptacións". Nese caso deixei o nome latino da clase. Mgl.branco (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 19:27 (UTC)[responder]