Conversa:Pene

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Este artigo é obxecto de vandalismos noutras Wikipedias e procede da Wikipedia en castelán no que tamén foi vandalizado repetidamente. Debe ser revisado minuciosamente porque contén datos dubidosos, como exemplo o apartado O tamaño e a satisfacción da parella contén estatísticas que teñen como procedencia páxinas sen ningún rigor coas que non enlaza ningún sitio web fiable. A edición na que se inclúe a imaxe, por chamarlle dalgún xeito, máis explícita (que ten moita presenza no conxunto do artigo) procede dun usuario catalogado en es.wp como vándalo. Evidentemente o calificativo como vándalo dun usuario non ten porque coincidir dun wiki a outro, pero a única edición que fixo dito usuario nese artigo foi esa. O que confirma, xunto con outros indicios, que hai algo raro nela. Reduzo o tamaño desa foto e elimino ligazóns externas de escaso valor. Por favor se podedes revisade o artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:53, 28 maio 2007 (UTC)

  • A este artigo non deberiamos darñe tanta importancia, pois teño a impresión que vai un pouco lonxe, e mesmo si falar do tema con tanta precisión e explicacions con casi todas esas imaxes e videos (Commons) inútiles, (non é de extrañar o vandalismo). Non quixera pasarme de moralisto. Outros artigos son borrados por ben menos razóns. Padin 22:26, 31 agosto 2007 (UTC)

Non é de todo certo quea urea saia pola uretra, senón os ouriños. A definición de urea é: "Substancia orgánica cristalina, rica en nitróxeno e soluble en auga, que se expulsa na urina e se pode obter sinteticamente con fins medicinais e industriais". A min polo menos non me saen cristais orgánicos pola uretra.

Corrixido.--RNC 09:43, 8 decembro 2009 (UTC)

Corrección ortográfica[editar a fonte]

Como poderán ver, en resposta á demanda de axuda, decidín corrixir a ortografía, e nalgúns casos a terminoloxía do artigo. Isto non significa que non poida haber erros aínda, especialmente no tocante á veracidade dos datos expostos.

Querería salientar que se o vandalismo do que se está a falar é o uso da normativa reintegrada, paréceme moi pouco axeitado o termo, pois a devantita norma é tan lexítima coma a que se está a ler nestes momentos (é máis, queiramos admitilo ou non, é máis coherente e lóxica cá proposta pola RAG, aínda coas súas incongruencias, que tamén as ten).

Prego ás persoas que decidan corrixir o aspecto lingüístico do texto que antes de trocar unha palabra ou parte dunha palabra, se aseguren de que a presente actualmente é un erro. Todos sabemos como o estado normativo actual dá lugar a duplas ou mesmo múltiplas opcións, sen isto significar que unha ou varias delas sexan erros.

Máis nada, espero ter achegado o meu gran de area. Cordiais saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Manudosde (conversacontribucións)

Ola Manudosde. Precisamente o problema está "no tocante á veracidade dos datos expostos". Non porque un artigo estea publicado noutra Wikipedia significa que ese artigo cumpra os requisitos de calidade da Wikipedia. Certos artigos son obxecto de vandalismo continuo ou conteñen datos moi pouco fiables. É o que pasa con este artigo. Publicar aquí un artigo nesas condicións significa propagar os problemas da fonte de orixe, polo tanto debemos ser coidadosos coas traducións. Non sinalei o vandalismo por nada relacionado coa normativa, esa e unha cuestión resolta na Galipedia seguimos as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:23, 23 xuño 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Monobi eliminou Image:Barnacle.jpg: : Deleting images without a source, in [[Category:Unknown as of 21 March 2008]];

-- CommonsTicker 18:25, 27 marzo 2008 (UTC)

Alguén se anima a revisalo e reformalo? Este é o tipo de artigos que cumpre ter na Galipedia. Ollade para as estatísticas de visitas [1]. O mesmo reza para sexo, sexo oral, clítoris e demais. Insisto, alguén se anima a darlle unha volta? --Atobar (conversa comigo) 21:32, 12 de maio de 2010 (UTC)

Dáme tempo. Xoacas(non te me poñas así) 22:17, 12 de maio de 2010 (UTC)

Penso que hai un par de problemiñas serios:

  • Unha visión heterocéntrica, coitocéntrica e cristianísima da sexualidade humana: o pene é un instrumento feito para penetrar unha muller para ter fillos.
  • Unha excesiva atención ao tamaño, en detrimento dunha descrición morfolóxica máis completa. Xa sabemos que o tamaño importa, pero non é o único.

Dígoo por se alguén que saiba máis disto ca min se atreve a meterlle man. Xoacas(sólo la puntita) 20:44, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pene. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 16:02 (UTC)[responder]

Clítoris[editar a fonte]

No Clítoris dáselle moita importancia á súa equivalencia co pene. Se é totalmente certa, no pene habería que facer o mesmo que co clítoris. Non sei en que sección. Lles (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 15:11 (UTC)[responder]