Conversa:Pedofilia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O VOLGa non acepta “pedofilia”, pero si que acepta «pederastia». Poida que sexa mellor cambiar o título do artigo. ─ GallaecioE logo? 18:48, 22 de novembro de 2010 (UTC)

  • O Gran Xerais (o novo) si o trae. Coido que é mellor mantelo para non confundilo coa outra pederastia, que vén explicada nos homónimos. --Atobar (conversa comigo) 19:14, 22 de novembro de 2010 (UTC)

Deberíase retirar a fotografía do neno con signos de violencia que aparece no artigo, xa que pedofilia non é o mesmo que violación de nenos. É como poñer a fotografía dunha muller con signos de violencia no artigo "Heterosexualidade", ou como poñer a dun home violado no artigo "Homosexualidade". Non ten sentido. O pé de foto di "Neno vítima de pedofilia", pero en realidade ese neno fou vítima de violación, que non é o mesmo. Ademais, esa fotografía pode ferir os sentimenos (a min cando menos mos fire). A outra fotografía que aparece no artigo tampouco ten sentido por razóns parecidas.--Néboa 19:05, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Feito! Imaxe substituída --Atobar (conversa comigo) 21:24, 4 de febreiro de 2012 (UTC)