Conversa:Pazo (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Vinme na necesidade de facer un artigo co estraño título de Palacio (edificio) porque, ao buscar Palacio na Galipedia remítese a esta páxina de homónimos.
Pazo e palacio son palabras que, en galego, ás veces se usan como sinónimos, pero que non son, desde logo, sinónimos absolutos, como pode verse sen saírmos da propia Galipedia:

  1. Aquí defínese pazo como: "o pazo, unha casa grande solariega", definición coa que estou, naturalmente, de acordo. Pero... o Pazo de Raxoi, por exemplo, é unha casa grande solariega?
  2. A Galipedia inclúe estes Palacios:
* Palacio de Westminster
* Palacio da Zarzuela (aínda que no Palacio de Oriente ou Palacio Real de Madrid, curiosamente)
* Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid
* Palacio de Deportes José María Martín Carpena
* Palacio de Buckingham
* Palacio de Inverno
* Palacio de Cnosos
* Palacio de Holyrood

Penso que se debería solucionar esta anomalía. --XoioÉche o que hai 15:50, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Etimoloxía: o pazo (construción) non dá lugar, como norma, ó topónimo Pazo ou variantes[editar a fonte]

No artigo afirmamos que Esta construción [o pazo] deu nome a moitos lugares que na actualidade levan o topónimo Pazo. Non é verosímil esta abundancia de pazos en Galicia, e permitídeme unha autocita que descarta esta teoría:

  • Sendo hoxe unha palabra común que designa unha casa señorial, tendemos a pensar que os lugares que se chaman Pazos ou Pacios se refiren a esas construcións. Pero non hai rastro arquitectónico nin documental de tantísimas casas señoriais en Galicia: 1 concello, máis de 100 parroquias e case 350 lugares. ¿Cómo é que algunhas aldeas, nas que non hai traza de que houbese nunca unha casa señorial, se chaman Pazo, e mesmo Pazos en plural? ¿Cómo é que que case todos eses lugares son rurais, e non urbanos? ¿Cómo é que no resto de Europa a toponimia non sinala tantos Pazos? ¿Porque se concentran no terzo noroccidental da península ibérica? ¿Como hai tantos en Galicia, se, aquí coma no resto de Europa, os documentos medievais ós edificios chámanlles casas, casales, cellas, villas, villares, cabannas ou quintas pero non palatios? A resposta dun especialista en indoeuropeo como Moralejo Álvarez é que a maior parte dos nosos Pazos ou Pacios proceden dunha palabra prelatina *palatio, coa que, se cadra estarían emparentadas Palas e mesmo Pambre. E ese *palatio prelatino significaba “muros que delimitan un terreo no que pace e se garda o gando”; como moito, a “cabana do pastor”. No primitivo latín tamén foi así. Pales era a deusa dos pastores e Palatium ou Palatino era inicialmente o couto no que pacía o gando de Roma; pero cando, tempo andando, os emperadores foron construír alí as súas mansións, colleu o significado de “mansión señorial”. Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 5 de abril de 2012 (UTC)