Conversa:Ourizo cacho

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este é o único ourizo de Galicia, polo que para nós é o ourizo cacho por antonomasia. Pero como sempre pasa, na Galipedia hai que facer páxinas e darlles nome a todas as especies de ourizo do mundo, polo que a "nosa" especie debería ter algún "apelido" e reservar o nome ourizo cacho (a secas) para a páxina de todos os ourizos en xeral (a subfamilia Erinaceinae). Este podería chamarse ourizo cacho europeo (ou ourizo cacho europeo occidental, porque hai outro en Europa oriental). Como sempre haberá que esperar a que haxa referencias.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 17:13 (UTC)[responder]

Miguelferig, non hai que darlle nome a nada..., a política di que as especies de animais terán o nome común en caso de existir referencias axeitadas en galego. A Galipedia non pode inventar nada, ten que poñer o que digan as referencias de calidade, do que non haxa referencias usamos o nome científico e listo. Non revisei o artigo pero se isto non está claro, hai que aclaralo para que se fagan as cousas ben e se amañen nos casos incorrectos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 17:56 (UTC)[responder]
Neste caso, mirando así por riba, eu diría que hai que movelo a ourizo simplemente, xa que a RAG di que o erinaceus europaeus é simplemente ourizo, o resto son sinónimos, e teremos que coller o nome principal, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:00 (UTC)[responder]
Como a páxina ourizo é de homónimos, propoño movela a ourizo (mamífero).... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:02 (UTC)[responder]
Se movemos Erinaceus europaeus a ourizo estamos co mesmo problema. Hai outras especies de ourizo, case 20. O noso ourizo ten que ter un apelido (non digo que haxa que facelo agora). Os ourizos (a secas) en xeral son os da subfamilia Erinaceinae. Naturalmente, mentres non haxa referencias haberá que usar os nomes científicos para os demais ourizos, pero iso é provisional, porque acabará habendo nomes comúns referenciados para eles e entón a páxina ourizo necesitará un apelido. Como dixen antes haberá que esperar polas referencias.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:18 (UTC)[responder]
Cando lle poñan apelido xa o moveremos, polo de agora temos que traballar co que temos. Si, os Erinaceae son ourizos, pero ourizos en xeral sin identificar, pero a RAG indica directamente que ourizo é o erinaceus europaeus así que non hai outra (a non ser que haxa outra referencia de máis autoridade que a RAG e que lle poña apelido, cousa que descoñezo, tentarei investigar). E se me dis, e que facemos cos outros 19 ourizos? Teñen referencia de autoridade en galego? Pois ese nome, non teñen? Pois o nome científico... Vou ver se esta especie ten apelidos con referencias. Por certo, no artigo Erinaceinae eu penso que non é correcto poñer que é o ourizo cacho, o ourizo cacho, segundo a RAG, é sinónimo de ourizo, debemos usar os termos principais da RAG e non os sinónimos, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:34 (UTC)[responder]
Parece que a Guía de mamíferos de Galicia de Baía, 2007, pon o nome de ourizo cacho a esta especie. Miguelferig, aceptamos que esta referencia ten máis autoridade que a da RAG xa que é un libro especializado na materia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 18:47 (UTC)[responder]
Teoricamente a Guía é máis especializada. O DRAG non ten por que entrar en excesivos detalles taxonómicos. De todos modos, ten en conta que nas Guías teñen o mesmo problema cos nomes que temos nós aquí na Galipedia. Teñen que poñer nomes e optan por un.--Miguelferig (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 19:12 (UTC)[responder]
Xa Miguelferig, pero nalgún sitio temos que basearnos, e o que temos agora é isto, cando haxa unha referencia de máis autoridade teremos que cambiala, digo eu... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 00:06 (UTC)[responder]
Mira, a Lista dos mamíferos de Galicia, segundo se indica no artigo, está baseada na Guía dos mamíferos de Galicia de Baía e na Lista Vermella da IUCN (aínda que esa supoño que non se usará para referenciar os nomes comúns, se non as especies), se non a podemos considerar referencia de calidade haberá que refacela e revisar todos os artigos que usan ese libro como referencia, que deben ser uns cantos. Que dis Miguelferig, aceptamos polbo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:23 (UTC)[responder]
Si, xa sei. Polo momento hai que aceptar as referencias que hai. Esa da Lista de mamíferos da guía de baía tamén é a que adoito utilizar eu. O problema é que se eu digo "raposo" a que me estou referindo (á hora de poñer título a unha páxina), a todos os raposos? (iso sería o lóxico, e correspondería a unha familia, subfamilia ou o que fose onde se fala de todos os rapososo). Ou podo referirme a unha especie de raposo concreta. Se en Galicia vive só unha especie de raposo pois igual o DRAG rexistra que se lle chama raposo (a secas) a esa especie. Pero no mundo hai varias especies de raposos (ou de lobos ou de ourizos...) polo que terían que ter algún apelido: raposo vermello, raposo branco etc. Ás veces mesmo hai que poñerlle nomes a subespecies. Non é un problema que vaiamos resolver agora, hai que esperar e deixar as cousas como están, pero as guías e o DRAG quedan curtos para as nosas necesidades aquí.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:39 (UTC)[responder]
Claro, pero é que o raposo é a especie que hai aquí, o nome común non o inventaron para os raposos de fóra de Galicia, se houbera dúas especies de raposo en Galicia, e fosen coñecidas, o máis probable é que tiveran dous nomes diferentes. Quero dicir, ós raposos que non teñen referencias, porque non son comúns en Galicia, o que hai que facer é poñerlle o nome científico, se no futuro unha autoridade lle da un nome común cambiámolo e listo. Ok? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]
Entendo que estades concluíndo que os nomes comúns que titulan os artigos son os nomes comúns en Galicia, e que os nomes de especies semellantes doutras latitudes se designarán polo seu nome científico ou polo nome com´ñun que lle dean a cada un (é dicir, con apelido). Por exemplo: o noso ourizo se titularía ourizo (quizais tamén ourizo cacho, tamén con referencias) e o ourizo que teñan en Siberia sería -por exemplo- ourizo siberiano. Paréceme unha conclusión moi adecuada por máis que algúns veñan recordando, unha e outra vez, que esta é unha enciclopedia en galego non de Galicia. Sendo isto moi certo, ´tamén o é que usamos como referencias fontes galegas, que dan nomes comúns en Galicia. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 22:28 (UTC)[responder]
Eu polo menos non estou dicindo iso Lameiro. Eu o que digo é que, se non hai referencias de calidade para o nome común en galego para unha especie, entón que usemos o nome científico. É dicir, no teu exemplo do ourizo siberiano, se non temos referencias para o nome común en galego, teríamos que poñer como nome do artigo o nome científico. No artigo podemos dicir que é un ourizo e ligar esa palabra co artigo erinaceinae pero non podemos poñer como nome do artigo ourizo siberiano porque non temos referencias de calidade nas que basearnos, se o fixéramos seríamos fonte primaria para esa denominación, cousa que iría en contra da Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:13 (UTC)[responder]

Expliqueime mal, entón.

  • Temos referencias de abondo para denominar ourizo (ou ourizo cacho, xa dixen) ó noso ourizo de toda a vida. Logo o artigo debería titularse ourizo, a secas e sen máis complicacións.
  • Existen outros ourizos polo mundo adiante e cada un deles terá algún día artigo de seu. Imaxinemos que hai un ourizo común en Siberia: o seu artigo, a falta de nome común en galego, sería Erinaceus siberianus (entendédeme, estou inventando). Á par deste teriamos outro artigo para o Erinaceus britanicus, outro pàra o Erinaceus antillanus, e así sucesivamente.
  • Pero un día, un experto galego edita unha guía de tódolos ourizos do mundo e propón nomes galegos para todos eles. Daquela, o artigo sobre este segundo ourizo pasaría a ter como título o nome común que lle dera o noso experto, como tal ourizo siberiano. E á par, un ourizo británico e un ourizo das Antillas.
  • Nós non inventamnos nomes, por suposto, senón que collemos o nome común que lle dea a fonte -se llo dá, claro-.
  • O problema será, quizais, que ese experto non describirá o noso ourizo galego como ourizo, simplemente, senón que lle dará apelidos (ourizo común, ourizo europeo, ourizo occidental...), pero será un problema menor.
  • En resumo: nome galego común como artigo principal (a secas), e nome con apelidos para as variantes que se vaian bautozando e describindo no futuro.

A ver se agora fun quen de explicarme. Pedro, --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:29 (UTC)[responder]

E, por suposto, falo de ourizo a secas para o noso ourizo mamífero con pugas. O ourizo de mar será o que teña que denominarse co nome composto: non lle vexo sentido a ourizo (mamífero) para diferenciar. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:35 (UTC)[responder]
Ah, si, perdoa, estabamos a dicir o mesmo, non te entendera ben.
Eu a dúbida que teño agora é, deixamos este Erinaceus europaeus co nome de ourizo cacho (segundo a Guía de mamíferos de Galicia), ou cambiámolo a ourizo (algo) (segundo a RAG) (porque ourizo é unha páxina de homónimos)... Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 01:59 (UTC)[responder]
Aínda que se poida aforrar traballo e evitar problemas coas ligazóns internas deixándoo estar así (ourizo como homónimos e ourizo cacho como mamífero insectívoro), creo que despois de tan longa discusión compriría crear ourizo (homónimos) e reservar ourizo (a secas) para o bicho. Aínda que o importante é sentar o precedente, establecer o criterio para denominar bichos (lembrade os exemplos de Miguel: raposo, gaivota, etc.). Chámame a atención que a primeira acepción de ourizo no DRAG sexa o ourizo das castañas. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:14 (UTC)[responder]
Si, iso tamén o pensei eu onte despois de apagar o ordenata e meterme na cama, a piques estiven de volver aquí a poñer case o mesmo ca ti :). Vale, pois para a semana ocupareime eu de cambiar este artigo a ourizo e de facer ourizo (homónimos) (hoxe e mañá non vou ter tempo de cambiar todo isto que penso que vai ser bastante choio porque seguramente a páxina actual de ourizo terá bastantes páxinas que ligan con ela e haberá que amañalas para que queden ben). Penso que esta conclusión é bastante importante e que deberíamos integrala en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos para que non se perda nos arquivos. Podemos ampliar un pouco a sección de Artigos sobre seres vivos engadindo a conclusión á que chegamos aquí e poñendo un par de exemplos para clarificala. Se tal podemos copiar esta conversa na páxina de conversa desa convención definir alí o texto a engadir e de paso que quede tamén de lembranza no sitio axeitado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:44 (UTC)[responder]
Xa copiei esta conversa na páxina de convención dos nomes, se vos parece ben continuamos alí o debate xeral para definir o texto a achegar alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:51 (UTC)[responder]